Tesoirada ao Parlamento
O PP disponse a aplicar unha redución de escanos no Parlamento galego. En aras do "aforro" os conservadores dispóñense a deixar en 61 os actuais 75 deputados e deputadas da Cámara, sen valorar alternativas como a redución de soldos. A oposición alerta dun "amaño", dun "pucheirazo" e dunha "actitude golpista" ante unha decisión que incrementería a representación dos celeiros de votos dos conservadores.
20 Maio 2013
-
O gasto da Xunta en publicidade pagaría cinco anos de soldos do Parlamento
Os cartos destinados pola Xunta a accións publicitarias e propagandísticas durante a primeira lexislatura de Feijóo multiplican por oito o aforro que o PP asegura que conseguirá co recorte de deputados
13 Maio 2013
-
O PP foxe do debate económico na 'resurrección' do recorte ao Parlamento
Os conservadores teiman en reducir o número de deputados mentres a oposición ve unha "cortina de fume" no plan e insta a aforrar sen reducir deputados e deputadas
29 Abril 2013
-
A oposición galega, de novo ante o "fume" do recorte ao Parlamento
PSdeG, AGE e BNG coinciden en sinalar que os conservadores tentan "agochar" a polémica das fotografías de Feijóo co narco Marcial Dorado e, de paso, aumentar a "distorsión" entre as votacións da cidadanía e o seu reflexo no Parlamento
28 Abril 2013
-
O PP tenta que o Parlamento se centre en recortarse a si mesmo
En plena polémica polas fotos do presidente da Xunta co narco Marcial Dorado os conservadores recuperan o seu plan para reducir o número de escanos, que non xeraría aforro ningún ata 2016, incluído nunha reforma da lei electoral galega
13 Agosto 2012
-
O PP insiste: "Non permitiremos que minorías chantaxeen a forza maioritaria"
A oposición insiste en que non sentará a negociar a redución de deputados no Parlamento, mentres os populares piden consenso á vez que aseguran que recortarán o número de representantes na Cámara e que o podería facer por trámite de urxencia.
9 Agosto 2012
-
BNG e PSdeG "rachan" co PP, que imporá a redución de deputados sen consenso
Os populares pretenden negociar a reforma electoral coa oposición a partir de setembro, pero nacionalistas e socialistas dan por "rota" calquera posibilidade de consenso para consumar "un pucheirazo electoral" e non descartan levar a cabo mobilizacións para "frear un ataque á democracia".
6 Agosto 2012
-
O PP insiste en recortar o Parlamento e di non aceptar "chantaxes de minorías"
Asegura que reducirá o número de deputados con ou sen consenso, pero tende a man ao PSdeG sempre que se cumpran as súas condicións. Rexeita negociar co BNG porque está "moi radicalizado".
2 Agosto 2012
-
Compromiso propón reducir en 2.000 euros o soldo de cada deputado
A formación nacionalista pide tamén a diminución nun 25% das subvencións aos grupos e dun 30% o gasto corrente como alternativa á redución de deputados que "dificulta a expresión parlamentaria da pluralidade política existente entre a sociedade galega".
1 Agosto 2012
-
O BNG rebélase e non participará no debate sobre a redución do Parlamento
O Bloque anuncia que non estará no pleno onde se trate a tesoirada ao Parlamento nin participará en conversa ningunha sobre unha reforma que cualifican de "golpe de estado". "É o epílogo indigno do peor presidente da historia de Galicia", asegura.
-
A Xunta gasta en asesores seis veces máis do que quere aforrar en deputados
O Goberno galego dedica máis de 6 millóns de euros ao ano a persoal de confianza, fronte ao pouco máis dun millón que pretende aforrar coa redución de 14 parlamentarios.
31 Xullo 2012
-
Feijóo: "Os parlamentos son igual de democráticos con 100 que con 60 deputados"
O presidente da Xunta teima na súa defensa da reforma da lei electoral e presume de que a súa proposta de reducir o número de parlamentarios fora apoiada por outros dirixentes autonómicos. A proposta para reducir o Parlamento enviada á oposición mantén os dez deputados fixos por provincia.
30 Xullo 2012
-
O PP di agora querer consensuar a redución de deputados coa oposición
O voceiro dos populares, Pedro Puy, abre a porta a un acordo con PSdeG e BNG e incluso fala de "tocar outras cuestións do sistema electoral" malia que Feijóo xa advertiu de que empregaría a maioría absouta do PP para aprobalo. Os presidentes autonómicos do PP asumen a proposta da Xunta.
-
Propostas para unha reforma democrática da lei electoral galega
A Xunta prevé unha reforma electoral sen máis apoio que o da súa propia maioría absoluta. No blog de política de Praza recóllense diversas propostas para a mellora democrática da lei electoral e do funcionamento da democracia, con alternativas á redución de deputados e outras opcións vixentes xa en numerosos réximes democráticos.
29 Xullo 2012
-
Recorte do Parlamento: vale por unha exposición no Gaiás
O aforro que suporá a redución de escanos equivale, ademais de a unha redución de salarios do 20% na propia Cámara, ao custo da mostra que actualmente acolle a Cidade da Cultura ou a campañas publicitarias de varias consellerías
28 Xullo 2012
-
O PP alega agora que reduce o Parlamento para pagar gardarías
Pachi Vázquez ve o comportamento de Feijóo "totalitario" e propio da "extrema dereita" . Guillerme Vázquez anticipa que o BNG "non participará desta farsa democrática" e reta os conservadores a modificar a lei electoral en profundidade, cunha circunscrición única e rebaixando do 5% ao 3% a barreira para obter representación
27 Xullo 2012
-
O PP di agora que na redución do Parlamento importa o "simbolismo" máis que os cartos
O voceiro popular na Cámara mantén que a súa proposta será recortar deputados sen alterar o resto da lei electoral. O PSdeG ratifica o seu "rexeitamento radical" ao que considera un "golpe de Estado" e o BNG reitera que Feijóo tenta "un pucheirazo" ante o temor a "non gañar de xeito democrático". Audios no interior
-
Baixar un 20% o soldo dos deputados aforraría o mesmo que reducir o Parlamento
Unha redución media duns 1.000 euros ao mes nos salarios parlamentarios provocaría un aforro de arredor dun millón ao ano, o mesmo que traerá consigo o recorte de escanos que o PP pretende aprobar antes das vindeiras eleccións
26 Xullo 2012
-
Feijóo, disposto a recortar o Parlamento só cos votos do PP
O presidente da Xunta advirte de que o consenso non lle é imprescindible para reducir o número de escanos e evita valorar alternativas como a redución de salarios. Audio no interior
24 Xullo 2012
-
PSdeG e BNG ven "amaño" electoral e "golpismo" no afán do PP por reducir o Parlamento
Os socialistas coidan que Feijóo tenta "perpetuar" unha maioría absoluta que non lograría nas urnas e os nacionalistas alertan do intento de "trucar" as regras de xogo, algo "impropio dun partido que se di demócrata"
-
O PP confirma que quere reducir o Parlamento antes das autonómicas
O secretario xeral dos conservadores e conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, insiste en que o recorte de parlamentarios é unha "demanda cidadá" e apela á "responsabilidade" da oposición. A medida implica unha redución de gasto do entorno a 1 millón de euros e, cos resultados de 2009, afianzaría a maioría absoluta popular.
23 Xullo 2012
-
O aforro de recortar o Parlamento, de cartos ou de democracia?
A redución de deputados proposta por Feijóo, de 75 a 60, reduciría a representatividade de Lugo e Ourense, cos resultados de 2009 faría máis folgada a maioría absoluta do PP e suporía reducir un gasto equivalente ao de, por exemplo, algunhas campañas publicitarias da Xunta.
























