Tres anos de lexislatura
Unha vez cumpridos tres anos tras o retorno do PPdeG á Xunta a crise económica continúa a marcar a xestión dun Goberno cuxo presidente sitúa o control do déficit e a reestruturación da Administración como "prioridades" dun mandato que comezou coa revisión de decisións do Executivo anterior e reformulacións controvertidas, como no caso da política lingüística.
22 Abril 2012
-
O Goberno de Feijóo non sumou ningunha nova competencia para Galicia en tres anos
A Xunta asegura defender ante Rajoy a necesidade de fortalecer o autogoberno coa "mesma firmeza" que o fixo durante o mandato de Zapatero mentres completa o período de transferencias menos frutífero da historia da autonomía.
23 Marzo 2012
-
Feijóo só compareceu de xeito voluntario no Parlamento para falar sobre Zapatero
O presidente non comparece por petición propia na Cámara dende 2010. O PP rexeitou trinta e unha solicitudes de explicacións da oposición ao xefe do Executivo dende o comezo da lexislatura.
24 Febreiro 2012
-
O PP só aceptou unha das 18 leis propostas pola oposición
Os conservadores tombaron ata seis proposicións de lei de PSdeG e BNG para regular materias que despois a Xunta abordou tamén mediante novas leis. Só a lei de Caixas, a do catálogo de medicamentos e a dos medios públicos tiveron o apoio de máis dun grupo parlamentario.
23 Febreiro 2012
-
A Xunta gastará 1'2 millóns de euros nunha campaña publicitaria de "promoción de datas de sensibilidade social"
O Goberno galego destinará máis de 800 mil euros á inserción de anuncios nos medios para difundir os seus actos institucionais no 17 de maio, no 25 de xullo e outras cinco datas sinaladas.
22 Febreiro 2012
-
"Creceu a publicidade en castelán na televisión galega porque baixaron as esixencias da CRTVG"
A TVG xa emite máis publicidade en castelán (58'7%) que en galego (41,3%). En 2010 os anuncios na lingua propia de Galicia representaban o 51%. A Mesa e Prolingua acusan á dirección do ente de desleixo e falta de compromiso coas súas funcións legais.
-
A Xunta xustifica o concurso de anécdotas do Sergas: "a risa dá a vida"
Sanidade resposta ao BNG, que cuestionara ao Goberno por facer "burla" dos pacientes, asegurando que a intención do certame foi "manter o humor no traballo" e lémbralle que "a retranca" é "característica da sabedoría do pobo galego"
-
Feijóo aproba por trámite de urxencia as súas leis máis polémicas
O Goberno bota man da vía de lectura única, que apenas permite participar á oposición, para sacar adiante no Parlamento os seus proxectos máis controvertidos, o que para PSdeG e BNG converte a Cámara nun mero trámite "burocrático". O plan de recortes aos empregados públicos vén de iniciar este procedemento.
5 Febreiro 2012
-
Anécdotas sobre os pacientes para celebrar o aniversario do Sergas
Profesionais do Servizo Galego de Saúde lamentan que Sanidade albergase na súa web interna comentarios "de dubidoso gusto" que chegaban a "ridiculizar" os pacientes por aspectos como falar galego ou non coñecer termos clínicos
1 Febreiro 2012
-
Ser presidente non é o máis rendible na Xunta
Corina Porro, Agustín Hernández e a interventora xeral da Administración autonómica quedan a menos de 1.000 euros anuais de superar a remuneración de Alberto Núñez Feijóo
-
A metade das leis de Feijóo son modificacións ou de consumo interno
O Goberno popular reformou sete normas do Executivo de PSdeG e BNG e promete para o último treito da lexislatura medidas 'estrela' como a Lei de Publicidade Institucional, que vía "urxente" ao principio do mandato
30 Xaneiro 2012
-
Baltar Blanco continuará o desafío ourensán a Feijóo
José Luis Baltar deixa nas mans do seu fillo Manuel Baltar o poder acumulado durante 22 anos na Deputación
-
A reforma do Estatuto cumpre cinco anos no conxelador
O presidente da Xunta pasou por riba de, cando menos, catro prazos fixados por el mesmo dende o inicio da lexislatura para reformar o Estatuto
-
O IGADI alerta da "minimización" da acción exterior de Galicia
Fronte ás declaracións do novo ministro García Margallo, o instituto reclama, canda á austeridade nos servizos das autonomías no extranxeiro, unha "racionalización e repensamento da acción exterior global do Estado"













