Aduanas ve a Prado "sabedora" de que lle pasou ao Concello de Santiago unha factura "inchada"

Prado, nun mitin das europeas en Pontecaldelas CC-BY-SA PPdeG

O pasado marzo o levantamento parcial do segredo de sumario da operación Pokémon sacaba á luz un informe de case 120 páxinas dedicado ás actividades de Paula Prado, actualmente deputada e voceira do PPdeG, na súa etapa como edil no Concello de Santiago. Aquel documento, que sumiu no silencio a Prado no que á súa actividade política pública se refire -este mesmo xoves o PP supendeu un acto de campaña no que participaba sen comunicalo previamente e despois atribuíuno a un "erro"-, vén de ser ampliado na nova entrega deste sumario, a cuxo contido tivo acceso Praza Pública. Nos novos informes o Servizo Vixilancia Aduaneira, utilizado pola xuíza Pilar de Lara como corpo policial, ve a Prado "sabedora" de que lle pasou ao Concello compostelán cando menos unha factura "inchada", operación que, entre outras, levan á maxistrada a ver motivos para mudar a condición da conservadora de testemuña a imputada.

A factura en cuestión é a cargada ao consistorio pola realización dun espectáculo sobre a Abella Maia no pavillón Fontes do Sar. A montaxe, di Aduanas no seu informe, "pasaría de 6.090 euros a 11.210 co IVE" e isto sucedería "con coñecemento e aprobación de funcionarios e/ou autoridades do Concello". "De ditos cartos -especifica- aproximadamente 3.000 euros serían para Jesús Fuentes Maceira", promotor de espectáculos imputado no caso, "como contraprestación a un acordo con Gerardo Conde Roa", ex alcalde da cidade. Paula Prado, continúa o informe, "decidiu pasar a factura para o seu pagamento co importe superior para que 3.000 euros os gozase" o devandito empresario, "sabedora do feito de que estaba a factura inchada" e aínda que o alcalde, Ángel Currás, era "coñecedor dos prezos do mercado" por ser o "anterior concelleiro de Cultura" e considerou que a factura "era cara".

Os axentes cren que Prado "decidiu pasar a factura" malia saber que "estaba inchada"

Os axentes ven "corroborados os feitos relatados" a través dos "correos electrónicos intervidos no Concello de Santiago" nunha das súas múltiples visitas ao Pazo de Raxoi. "Na bandexa de entrada de 'alcaldía' Aduanas "comprobou" que "tanto o orzamento como o contrato, así como a proposta de gasto asinada polo alcalde" foron realziadas "o mesmo día", o 3 de maio de 2012, aínda que "Paula afirma o día 7 de maio que todavía non estaba asinado". No entanto, sinala a investigación, "o contrato enviado ese día 3 de maio de 2012 aparece como data do mesmo o 24 de abril de 2012, é dicir nove días antes do orzamento", aínda que despois se cambiaría esa data". Así as cousas, Vixilancia Aduaneira ve probado o amaño do contrato.

Ao Tribunal Superior

Para a xuíza De Lara destes informes "resultaría a presunta comisión de certas irregularidades que poderían ser constitutivas de infracción penal" por parte de Paula Prado. Dada a súa condición de deputada e, polo tanto, de "aforada a efectos de instrución e enxuizamento", a maxistrada considerou pertinente abordar o asunto nunha peza separada que sexa elevada ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, órgano competente para enxuizar as persoas protexidas polo aforamento.

A xuíza cre que as actuacións de Prado "poderían ser constitutivas de infracción penal"

As investigacións, di este auto de decembro de 2012, "revelan a participación" da voceira do PPdeG, ademais de no "pagamento dunha factura inchada", en "actividades" como "influencias nas que interviría xunto a outros concelleiros" para "beneficiar economicamente o seu cónxuxe" ou "influencia na contratación de determinadas persoas afiliadas ou próximas ideoloxicamente ao PP en empresas concesionarias de obras e servizos do Concello de Santiago" no que Prado, destaca, "era, ademais de concelleira, responsable da Axencia de Colocación" municipal, contexto no que "chegou a adaptar os currículos aos postos de traballo". Tamén "tería enchufado supostamente algunha persoa para ser contratada pola empresa Sermasa, adxudicataria do concurso da escola infantil de Salgueiriños".

As conversas

Vixilancia Aduaneira e a propia xuíza tiran boa parte das súas conclusións das conversas telefónicas entre Prado e o ex xefe de gabinete da Alcaldía compostelá, Ángel Espadas, tamén imputado na causa e cuxo teléfono estaba intervido por orde xudicial. Nestas parolas Prado e Espadas abordan o asunto da factura supostamente inchada e, como nota anecdótica, empregan o galego para relatar algúns dos acontecementos. Este é un treito das transcricións incluídas no sumario:

PAULA: La Abeja Maya , joder. Tengo ahí a Susito entregado a la causa... ¡Ostí! Le metí, le metí un gol a Currás, le ... bueno, aún no me lo firmó, hasta que me lo firm ... pero bueno, me dijo que sí; lo de la Abeja Maya , ¿a ti cuánto te dijo Susito que valía?

ÁNGEL: Ocho quinientos creo que era.

PAULA: Bueno, once mil más IVA o ocho quinientos más IVA, no sé si fueron once mil y pico .. .

ÁNGEL: Ocho quinientos más IVA es... , eh, Paula ...

PAULA: ¿Y dan los once mil?

ÁNGEL : No, no da tanto, tía , ¡Hostiá!

PAULA: Bueno, once mil y pico, yo creo que son once mil más IVA, eh, o los , once mil y pico con IVA...

ÁNGEL : Yo creo que eran ...

PAULA: Eso.

ÁNGEL: No sé si eran ocho, ocho quinientos, por ahí eran , más IVA. ..

PAULA: Once mil y pico con IVA.

ÁNGEL: Y el IVA eran , eh ... mil y pico euros o así. ..

"Que los disfrute (...), ha de ser o que leve porque non creo que lle contraten nada máis..."

PAULA: No, once mil y pico todo , me decía Adrián , yo me escarallaba, me decía Adrián: "ahí están los tres mil euros pa Susito, hombre, hay tres mil euros pa Susito ... ", dijo yo : "¡qué carallo! , pues que los disfrute, hombre, ¡qué cojones!, ha de ser o que leve porque non creo que lle contraten nada máis ... " 

ÁNGEL: ¿Sabes lo que pasa? ... no ¿sabes lo que pasa? Que igual cambió el precio y ya sé yo por qué, me estuvo, me estuvo consultando a mí la semana pasada . Suso en Madrid le dieron un precio, pero era cobro previo a la actuación ... entonces .. .al no ... 

PAULA: No, no , ya lo sé, pero al pagar, pero ven ía igual ese contrato con el cobro previo a la actuación y venía el mismo precio con el cobro sin ser previo, eh .. . 

ÁNGEL: Lo que pasa que ya .... .. meten ese precio porque saben .. .

PAULA: Porque Currás no lo quiso firmar .. .

ÁNGEL: ... meten ese precio porque ya saben que no van a cobrarlos.

ÁNGEL: De todas formas tengo que llamar a Suso y preguntarle el precio porque éste también a veces se calienta de más eh ...

"No creo que el alcalde firme otra de éstas, eh... Así que... fai ben"

PAULA: Pero ya está firmado , olvídate, ya hay retención de crédito y ya está todo firmado , eh .

ÁNGEL: Bueno, bueno .. .

PAULA: Déjalo, joder ... si es lo .. . es lo único que va a llevar, eh, porque no creo yo que el Alcalde firme otra de éstas, eh ... y yo no tengo presupuesto para esas cosas .. . así que ... fai ben ...
 

Prado, en rolda de prensa con Currás na súa etapa como concelleira © Concello de Santiago

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.