EU esixe a dimisión do concelleiro compostelán acusado de facer facturas falsas

Ángel Currás CC-BY Praza Pública

O Consello Comarcal de Esquerda Unida en Compostela esixe que o concelleiro Juan de la Fuente abandone de inmediato o cargo polo caso da suposta realización de facturas falsas polo que, segundo a formación, "ata a comisión do propio Concello aprecia nas súas conclusión posibles indicios delictivos". La Voz de Galicia publicou está mañá que os instructores "recomendarán que a documentación recollida durante a investigación instruida polo secretario e interventor do Concello sexa entregada á Fiscalía".

Esquerda Unida considera que o concelleiro "puido incorrer nos graves delitos de falsidade en documento público e mercantil, e incluso na suplantación de identidade"

Esquerda Unida considera que "á espera de que se faga oficial o informe desta comisión" o concelleiro "puido incorrer nos graves delitos de falsidade en documento público e mercantil, e incluso na suplantación de identidade", polo que Juan de la Fuente "queda inhabilitado para calquera cargo público".

Ante a publicación destas informacións o alcalde Ángel Currás limítase a criticar a ruptura da "confidencialidade" da comisión que analizaba este caso e anuncia que o luns tomará "decisións", xa que aínda non ten as conclusións do informe.

O alcalde Ángel Currás limítase a criticar a ruptura da "confidencialidade" da comisión que analizaba este caso e anuncia que o luns tomará "decisións"

Esquerda Unida deuncia que "a decrepitude ética do PP local está levando ao Concello a unha situación insostible de ingobernabilidade, e polo interese xeral das veciñas e veciñas é hora de que se tomen decisións que garantan o porvir da administración local" e reitera a súa demanda de disolución da corporación municipal e o adianto de eleccións municipais en Santiago, "por ser a única solución democrática para a rexeneración que o Concello precisa".

Ángel Currás CC-BY Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.