A Xunta contra o galego

O Presidente Feijóo e o conselleiro Vázquez veñen de desaproveitar unha excelente oportunidade para restaurar o consenso lingüístico optando polo continuísmo na súa política de exclusión do galego no ensino infantil e de minorización nas demais fases do ensino obrigatorio.

A Xunta minusvalora o Tribunal Superior de Xustiza como última instancia xudicial na aplicación do Dereito galego e convida o Tribunal Supremo para que interprete de xeito restritivo o status que á lingua galega lle recoñecen o noso Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística

Máis aínda, ao recorrer perante o Tribunal Supremo as sentenzas do TSXG que declararon ilegais a consulta sobre a lingua de preferencia aos país e nais do ensino infantil e máis o dereito dos alumnos a usar da lingua da súa escolla nas materias que se han impartir en galego, a Xunta minusvalora o Tribunal Superior de Xustiza como última instancia xudicial na aplicación do Dereito galego e convida o Tribunal Supremo para que interprete de xeito restritivo o status que á lingua galega lle recoñecen o noso Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística.

Deste xeito, o Goberno galego, que deriva a súa lexitimidade da calidade nacional que emana do noso Estatuto de Autonomía (e que reside nos caracteres da nosa diferenza, entre eles a lingua) recorre de xeito insólito perante o Tribunal Supremo para tentar acadar unha sentenza que limite esa mesma calidade nacional, ao limitar o rol do galego como lingua oficial no ensino. E, no mesmo lote, cuestiona o papel do TSXG como instancia que esgota os recursos nas cuestións de Dereito galego, entre elas o estatuto da nosa lingua. O mundo do revés.

Esta actitude, ao principiar a segunda lexislatura do PP con maioría absoluta, remata por voar todas as pontes posíbeis para restablecermos o pacto social en materia lingüística

O peor é que esta actitude, ao principiar a segunda lexislatura do PP con maioría absoluta, remata por voar todas as pontes posíbeis para restablecermos o pacto social en materia lingüística. Porque  sitúa ao PP, de xeito permanente e dificilmente revogábel, fronte aos sectores da cidadanía galega que aspiran á plena igualdade real do galego e o castelán e que tentan que os mozos e mozas galegos non rematen o ensino obrigatorio funcionalmente analfabetos na súa lingua nacional.


A arrincadeira: Constitúese formalmente CxG

Agora vén para esta forza en construción o máis difícil: demostrar a súa capacidade de ser un instrumento útil para a economía e benestar da cidadanía galega

No seu Congreso Constituínte Compromiso por Galicia (CXG) definiuse ante todo como partido nacional e galeguista e ubicouse no amplo espectro do centro-esquerda, integrando as sensibilidades socialdemócrata, liberal progresista e ecosocialista e refugando reducionismos á dereita e á esquerda. Agora vén para esta forza en construción o máis difícil: demostrar a súa capacidade de ser un instrumento útil para a economía e benestar da cidadanía galega.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.