Rajoy e a desigualdade

As medidas adoptadas polo goberno para afrontar a crise converteron a España no país da eurozona con maiores desigualdades de renda. Así o afirmaba Fernando Salgado nun artigo: “o custe da recesión recae sobre o lombo dos traballadores asalariados e das capas máis humildes da sociedade”. Somos campións de Europa no fútbol mais tamén somos os primeiros noutra clasificación: España é o país da zona euro con maior distancia entre os máis ricos e os máis pobres, o máis desigual dos 17 países que comparten moeda única.

España é o país da zona euro con maior distancia entre os máis ricos e os máis pobres, o máis desigual dos 17 países que comparten moeda única

Este país está nunha situación económica moi delicada. Con 5.6 millóns de parados e case dous millóns de fogares con todos os seus membros sen traballo as familias teñen que botar man dos aforros para afrontar os gastos correntes: o consumo familiar xa supera, por primeira vez, á renda. Máis dramática é a situación dos mozos: o 52% dos menores de 25 anos non teñen traballo, a mesma porcentaxe que en Grecia.

Na vez de mirar para o norte de Europa estamos a seguir a senda de EEUU que ten, segundo Joseph Stiglitz, o nivel de desigualdade máis alta de calquera dos países avanzados. Afirma que na actualidade o soño americano é un mito e “hai unha clara tendencia á concentración de ingresos e riqueza na cima, ao valeiramento das capas medias e a un severo aumento da pobreza”. Recorda que, nos anos 2009 e 2010, o 1% dos estadounidenses con maiores ingresos quedouse co 93% do aumento da renda. Ademáis, durante a recesión, os banqueiros, que arruinaron aos pobres mediante préstamos predatorios e prácticas abusivas e levaron a economía mundial e as propias empresas á ruína, recibiron xenerosas bonificacións.

Stiglitz afirma que o soño americano é un mito e “hai unha clara tendencia á concentración de ingresos e riqueza na cima, ao valeiramento das capas medias e a un severo aumento da pobreza”

Vicenç Navarro entende que cando son os moi ricos os que deciden como se utiliza a riqueza, a sociedade ten  problemas graves, porque non invirten para crear emprego senon para conseguir máis diñeiro, “e como se poden sacar máis cartos das actividades especulativas que das inversións productivas resulta que se crea moi pouco emprego”. Quen debe guiar a utilización da riqueza, evitando os seus usos non sociais, é a cidadanía a través do Estado. Cando o capital estivo regulado e as diferenzas de renda eran menores que agora (1945-1980) o benestar social medrou máis que no período neoliberal (1980-2011), no que o capital puido facer o que quixo. A actual crise é o resultado.

Por eso Stiglitz cuestiona a peculiar teoría do derramo, moi extendida nos anos noventa, a cal defende que enriquecer aos de arriba redunda en beneficio de todos. Segundo esta teoría os bos resultados macroeconómicos favorecen en primeiro lugar aos máis ricos para, posteriormente, ir derramándose ao resto da sociedade. A realidade en América Latina, nos EEUU e agora no sur de Europa demostra ben ás claras que o crecemento económico, por sí só, non mellora as condicións de toda a sociedade senon que mesmo pode afondar nas desigualdades. 

Estas teorías, que son difundidas como verdades científicas, pretenden xustificar o inxustificable: a acumulación obscena da riqueza en poucas mans, a explotación dos traballadores e dos pobres e o saqueo das arcas públicas coa complicidade de certa clase política. Estas aseveracións non son froito da ciencia senon da ideoloxía. O que hai detrás é un xeito de entender a vida, as relacións entre as persoas e organización social. Porque hai unha facción da sociedade situada ideolóxicamente nun momento histórico previo á revolución francesa (liberté, egalité, fraternité) que defende a desigualdade dos seres humanos. Teñen nostalxia daqueles tempos en que a sociedade estaba perfectamente clasificada: amos e criados, señores e servos, poderosos e súbditos.

Hai unha facción da sociedade situada ideolóxicamente nun momento histórico previo á revolución francesa (liberté, egalité, fraternité) que defende a desigualdade dos seres humanos

Os franquistas Luis Moure Mariño e Gonzalo Fernández de la Mora defenderon a súa posición supremacista, que negaba a igualdade entre as persoas, en dous libros publicados nos anos oitenta (La desigualdad humana, La envidia igualitaria). Mariano Rajoy (un mozo de trinta anos que comezaba a súa carreira política) publicou dous artigos en Faro de Vigo (1983 e 1984), nos que reseñaba eloxiosamente estes textos. Lonxe da ambiguedade na que se instalou máis tarde aquí deixa ben clara a súa interpretación do mundo e revela as liñas mestras do seu ideario. Son as mesmas ideas que inspiran agora a súa actuación política. No primeiro dos artigos o actual presidente do goberno afirma textualmente:

Mariano Rajoy (un mozo de trinta anos que comezaba a súa carreira política) publicou dous artigos en Faro de Vigo (1983 e 1984), nos que reseñaba eloxiosamente estes textos

“Este libro constituye una prueba irrefutable de la falsedad de la afirmación de que todos los hombres son iguales (…) La estirpe determina al hombre y un hecho objetivo que los hijos de ´buena estirpe` superan a los demás (…). La desigualdad natural del hombre viene escrita en el código genético (…). La búsqueda de la desigualdad tiene múltiples manifestaciones: en el ansia de ganar, en la lucha por el poder, en la disputa por la obtención de premios, honores, condecoraciones, títulos nobiliarios (…). Todo ello constituye la demostración matemática de que el hombre no se conforma con su realidad. Es la lucha por desigualarse. Todos los modelos que predican la igualdad (…) son radicalmente contrarios a la esencia misma del hombre, y suprimen el natural instinto a desigualarse, que es el que ha enriquecido al mundo y elevado el nivel de vida de los pueblos (…) La imposición de la igualdad privaría a los más capaces de esa iniciativa más provechosa para todos que la igualdad en la miseria, que es la única que hasta la fecha han logrado imponer”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.