A primavera dos estudantes continúa

O pasado 4 de xuño cumpríanse 23 anos da matanza da Praza de Tianammen. Os estudantes levaban sete semanas acampados na praza pequinesa reivindicando democracia no medio dunha ditadura. Foron duramente reprimidos. Máis de 4.000 mortos e 30.000 feridos segundo a Cruz Vermella chinesa. Salvando as distancias, ese aniversario recordoume outro; este heroico acontecemento lembroume, a pequena e local escala, mais non por iso insignificante, outro máis próximo e máis actual: o dos peches de estudantes e profesores no noso país reivindicando unha educación pública de calidade.

Dicían deles que eran a xeración perdida. Que eran pasivos, abúlicos, conformistas, até violentos. Agora chámanos violentos, pero por outras razóns. Por defender firmemente a educación pública

Conseguírono. Eran uns simples mozos. O cal non é o mesmo que uns mozos... simples. Dicían deles que eran a xeración perdida. Que eran pasivos, abúlicos, conformistas, até violentos. Agora chámanos violentos, pero por outras razóns. Por defender firmemente a educación pública. Por levantarse e loitar, e gritar moi alto, polos seus dereitos. O que lles recriminabamos antes, indolencia, falta de carácter, de valores, de responsabilidade; agora recrimínanllo en sentido inverso. Porque o caso é re-criminar, criminalizar, estigmatizar, sinalar aos mozos, fagan o que fagan, ou non fagan, digan o que digan, deixarlles o morto do que os seus pais non souberon facer ben. Unha sociedade máis inxusta, un mundo peor que o que nos deixaron os nosos pais. Só un dato: o 37,5% dos recentemente titulados non conseguen ningún traballo, nin bo nin malo, polo que cobra forza a idea de que as universidades e centros de FP son fábricas de novos parados, ou que as novas xeracións de estudantes son os mellor... pre-parados.

Conseguírono. En Galicia, onde esta taxa de paro xuvenil é até superior, e onde o seu presidente disponse a executar con total submisión os recortes decretados polo Goberno Central (á fin e ao cabo son do mesmo bando), os estudantes rebeláronse. Non ao estilo daquela película, Rebelión nas aulas, claro, porque iso sería o que gustaría ás súas señorías, satisfeitas de poder localizar calquera comportamento violento e extrapolar a todo o conxunto. Non, fixérono pacificamente, encerrándose en bibliotecas públicas, facultades e institutos co só propósito de reivindicar o seu dereito a estudar. En Galicia levan desde o 14 de maio facendo peches rotativos, ao longo e ancho do país, en cidades, vilas e pobos, loitando e chamando a atención así sobre unha educación digna. Santiago, Coruña, Lugo, Vigo...

En Galicia levan desde o 14 de maio facendo peches rotativos, ao longo e ancho do país, en cidades, vilas e pobos, loitando e chamando a atención así sobre unha educación digna. Santiago, Coruña, Lugo, Vigo...

En Ourense, que conta coa organización estudantil máis nova, composta por adolescentes cuxa idade media rolda os 16 e 17 anos, encerráronse, xunto a outras asociacións estudantís, principalmente universitarias, na Biblioteca Nodal, de titularidade estatal aínda que con xestión da Xunta de Galicia, é dicir, controlada en última instancia polo PP. Fixérono con orde, foron pouco antes da hora do peche, uns poucos subiron primeiro, e cando soou a campá chamaron aos demais. Pouquiño a pouco, sen armar ruído e sen tirar nada, chegaron a xuntar cincuenta mozos nunha biblioteca. Máis xente xunta polo mesmo obxectivo da que nunca se adoitaba ver por alí. Desde logo máis estudantes que policías se chegaron a xuntar nunca nunha biblioteca.

Máis xente xunta polo mesmo obxectivo da que nunca se adoitaba ver por alí. Desde logo máis estudantes que policías se chegaron a xuntar nunca nunha biblioteca

Unha patrulla de rapaces, uniformados coas súas mochilas, libros, lapis e cadernos, a súa baixa estatura, pantalóns curtos e acné nalgúns casos, e identificados coas súas individualidades, particularidades elevadas ao máximo expoñente sendo adolescentes: ideais, inquietudes, teimas, soños, aspiracións (desde logo, mellor identificados que calquera antidisturbios, que non dan número de placa nin seña algunha, quizais porque non teñan personalidade?)... un exército de raparigos e raparigas entrou, ordenada e sixilosamente, e ocupou, contra a lei, un espazo que por lei tamén e por dereito lles pertence; non para estragalo, senón para darlle uso, utilizando esa expresión tan manoseada e á vez tan francesa, polo en valor, valoralo, darlle sentido, empoderándose ao mesmo tempo, e reivindicando o seu lexítimo dereito natural a unha educación. 

A resposta non se fixo esperar: aínda que as traballadoras, e ata a dirección, estaban de acordo coa súa acción; e aínda que os primeiros polis non lles prohibiron estar alí e simplemente dixeron que avisarían aos seus superiores

A resposta non se fixo esperar: aínda que as traballadoras, e ata a dirección, estaban de acordo coa súa acción; e aínda que os primeiros polis non lles prohibiron estar alí e simplemente dixeron que avisarían aos seus superiores, aínda que ninguén advertiu nese momento, nove da noite; máis tarde e cando non llo esperaban, ás dúas da madrugada, os policías, dez furgóns con material antidisturbios, irromperon de novo, esta vez como un elefante nunha cacharrería, e tras instarlles varias veces a que, se non desaloxaban voluntariamente, empregarían a forza, os estudantes, moitos deles menores de idade, agarráronse das mans e permaneceron unidos como unha piña, nunha esquina, mentres a Policía lles retorcía os brazos, os estrangulaba coas porras, os insultaba, ríase deles, os vexaba, rompíalles as camisetas e, no caso de polo menos unha moza, case os tiraban polas escaleiras.

Chegaron a romper unha mesa e un andel que formaban parte do mobiliario público, algo do que despois acusaron aos estudantes. Ata a Xunta defendeu a versión policial, e tanto esta como a Policía denunciou os danos ocasionados polo seu propio uso desproporcionado da forza ao xulgado de garda correspondente. En cambio, hai probas da violencia policial a través dun vídeo, e lesións en forma de negróns, ademais duns lentes rotos, que non deixan en moi bo lugar á Xunta de Galicia. Pero esta seguía nos seus trece, publicando no portal de Educación, masivamente utilizado por profesores, algo que fixo indignar a moitos deles: unha nota na que enunciaba a súa versión dos feitos, comunicaba a súa denuncia e dicía que os actos non quedarían impunes. Os mozos, unha vez máis, criminalizados.

Como en Valencia, e tal e como dixo aquel xefe de policía, non son inofensivos estudantes defensores dos seus dereitos, na súa maioría menores de idade; non, non son cidadáns, son directamente... o “inimigo”

Como en Valencia, e tal e como dixo aquel xefe de policía, non son inofensivos estudantes defensores dos seus dereitos, na súa maioría menores de idade; non, non son cidadáns, son directamente... o “inimigo”. O subdelegado do subgoberno dixo que a biblioteca é un edificio público e os estudantes demostraron unha actitude de “total falta de democracia” ao ocupalo. Ben, habería que preguntar que é a democracia para este señor. . Asegura que a disolución da protesta foi “de xeito tranquilo, sen conflito”, ao que haberá que preguntarse a que chama este señor tranquilidade e conflito, e, preguntado sobre a actitude violenta dos axentes, replicou: “Suxeitáronse os brazos uns a outros e fixeron unha piña, houbo que despegala para polos fóra. Non é fácil manexar unha porra e despegar ao mesmo tempo. Iso que din non pasou”.

Vemos unha vez máis como, aparte de chamarnos “antidemócratas”, tómannos por parvos; como, aparte de retorcer brazos, retorcen as palabras ata darlles o significado totalmente contrario. Ao señor Subdelegado diríalle que, máis difícil aínda que manexar unha porra, é manexar un alumno, un mozo, e é moi difícil formar a alguén e ao mesmo tempo sufrir recortes salariais, aumento de horas lectivas, aumento do cociente de alumnos coa súa consecuente masificación nas aulas, ensinar con cada vez menos recursos, ter que impartir materias nas que non se está convenientemente preparado, ou directamente compaxinar todo isto coa “non renovación de contratos”, que dicía o ministro Wert. Outro exemplo de retorcimento da linguaxe digna de estudo.

Pero a resposta non se fixo esperar: concentracións multitudinarias en todas as capitais galegas, solidariedade por parte do resto de estudantes e de moitos cidadáns que aínda exercen como tales

Pero a resposta non se fixo esperar: concentracións multitudinarias en todas as capitais galegas, solidariedade por parte do resto de estudantes e de moitos cidadáns que aínda exercen como tales. Máis peches, neste caso da Plataforma en Defensa da Educación Pública, que volveu 3 días despois ao mesmo edificio, sede tamén da Delegación de Educación (un nome pouco apropiado para a actitude que se gastan algúns supostos representantes dela). Tampouco puido durar máis de cinco horas, porque cando ía pechar a biblioteca, e logo de constantes ameazas das forzas de inseguridade, procederon a desaloxar voluntariamente, quizais porque eran poucos os que quedaban alí dispostos a resistir.

Con todo, eses estudantes brutalmente desaloxados volvéronse reunir, convocaron unha asemblea en plena rúa principal, cortaron o tráfico, e, logo de ler un manifesto en solidariedade cos represaliados e expondo os puntos centrais do que eles consideran unha educación pública, xusta, igualitaria e de calidade, decidiron, entre outras cousas, ocupar outro espazo público (xa o di o lema mil veces repetido nestes tempos: un desaloxo, outra okupación), ou mellor teriamos que dicir reocupar, valorar, revalorar, “pór en valor”, dar sentido. E así, mantiveron un peche indefinido durante dúas semanas, na Facultade de Historia e Educación (o edificio de Ferro, chámano, e espero que deste material sexa o amorne e fortaleza dos nosos estudantes, e non teña que ver co daquela señora británica tan estirada). Contan co apoio da vicerrectoría do Campus de Ourense e a reitoría da Universidade de Vigo. Alí mandan as autoridades universitarias, as supostas defensoras do Coñecemento, da Liberdade e a Formación Integral do Individuo, así que non caben autoridades policiais. 

Contan co apoio da vicerrectoría do Campus de Ourense e a reitoría da Universidade de Vigo. Alí mandan as autoridades universitarias

Na Biblioteca Intercentros de Lugo, na Universitaria de Vigo, na Fonseca de Santiago, nas facultades compostelás de Historia e Económicas, en institutos e centros de ensino de toda Galicia… a febre dos peches contáxiase por todo o país, a imaxe do que está a pasar en Canadá.

Ata agora mantiveron un respecto escrupuloso pola limpeza e o mobiliario (será porque non entrou ningún axente da desorde???), unha educación da que terían que facer gala e tomar exemplo moitos supostos representantes da mesma, e celebran asembleas que se desenvolven con todo respecto, orde e educación, fomentando a unión e solidariedade, como me fixo saber algún observador externo e ao mesmo tempo implicado e participante, en forma de adulto comprometido con eles e cronista de todo o que ve que alí pasa. Maratonianas e intensivas sesións de estudo para preparar a Selectividade, os exames de Boloña ou os últimos do plano vello; só interrompidas polas asembleas, algunha película para aliviar tensións, algún cafés, e algunhas actividades, para informar e compartir coñecemento, como por exemplo a xornada de formación sobre Universidade, financiamento e patriarcado que tivo lugar hoxe mesmo na facultade de Historia de Santiago, ou o faladoiro que organizaron en Ourense sobre a “Estratexia Universidade 2015”, bélico nome que puxeron ao seu “plano” as autoridades educativas, co fin de privatizar cada vez máis os nosos soños, e pór as nosas inquedanzas, a nosa formación, as nosas mentes e corpos, o noso traballo, ao servizo dos señores Mercados. 

A pesar dos nervios, a pesar das presións dos adultos, aínda non desfaleceron, e móstranse moi dispostos a continuar cos seu peches e as súas reivindicacións, ata que lles fagan caso

A pesar dos nervios, a pesar das presións dos adultos, aínda non desfaleceron, e móstranse moi dispostos a continuar cos seu peches e as súas reivindicacións, ata que lles fagan caso. Non teñen data límite. Nin sequera logo dos duros exames que mantiveron entretidos a moitos deles, pensan descansar. O #pecheourense rematou onte mesmo, pero o #pechehistoria continúa, polo menos mentres queden exames e estudantes en funcións. Logo a loita posporase previsiblemente até o vindeiro inicio de curso, mais abofé que este comezará moi quente polos ataques ás conquistas sociais e dereitos máis básicos en materia educativa.

Porque, como din, estudan para liberar esta sociedade triste na que vivimos. Moita merda con eses exames!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.