A incompetencia da ministra de Sanidade

O Partido Popular, cando estaba na oposición, empurrou canto puido para situar o Estado español no borde do abismo. Todo lles parecía válido con tal de acadar o poder. “Que caia España, que xa a levantaremos nós”, clamou nunha ocasión Montoro. Despois de seis meses de goberno popular o resultado non pode ser máis calamitoso: a cruel reforma laboral, os graves recortes en sanidade e educación e a reducción drástica dos orzamentos públicos só serviron para deteriorar as condicións de vida dos cidadáns, pero non conseguiron calmar a voracidade dos “mercados”.

O goberno de Rajoy aplica con rigor a doutrina ultraliberal: adelgazar o Estado, malvender as empresas públicas, privatizar os servizos, e cargar os custes da crise sobre o lombo dos traballadores

O goberno de Rajoy aplica con rigor a doutrina ultraliberal: adelgazar o Estado, malvender as empresas públicas, privatizar os servizos, e cargar os custes da crise sobre o lombo dos traballadores. Mentras tanto, os gobernantes afánanse por axudar ao sector financeiro, principal responsable da situación pola súa actuación avariciosa e incompetente. A pasada fin de semana o presidente do goberno explicou, nunha rolda de prensa, a petición feita a Europa dun préstamo de cen mil millóns de euros para salvar a banca española. Esta solicitude de rescate terá, con certeza, unha repercusión negativa para a cidadanía: máis IVE, máis recortes e menos Estado de benestar.

Esta solicitude de rescate terá, con certeza, unha repercusión negativa para a cidadanía: máis IVE, máis recortes e menos Estado de benestar

Pero don Mariano, lonxe de amosar pesadume e tristeza polo dano que ven de ocasionar aos seus veciños aparece no palco de autoridades en Polonia, sorrinte e despreocupado, para presenciar o partido de fútbol entre as seleccións de España e Italia. Esta conduta frívola e insolente resulta difícil de explicar. A fuxida do capitán do barco cando está a punto de naufragar non ten xustificación posible. Pode argumentar que o navío queda en boas mans, pero tamén iso é rebatible.

Non vou facer un repaso do perfil dos diferentes ministros. Montoro e De Guindos inspiran calquera cousa menos confianza. Pero a ministra de sanidade, Ana Mato, ten demostrado repetidamente a súa incompetencia

Non vou facer un repaso do perfil dos diferentes ministros. Montoro e De Guindos inspiran calquera cousa menos confianza. Pero a ministra de sanidade, Ana Mato, ten demostrado repetidamente a súa incompetencia. Por este ministerio pasaron persoas ben diversas, e non todas tiveron a cualificación precisa para tan alto desempeño. Lembro aínda os ataques furibundos do PP contra Leire Pajín, quen tivo que soportar a insolencia do alcalde de Valladolid, quen se refería aos seus “morritos” cunha linguaxe tabernaria e soez. Non seguirei o seu exemplo. Nestes momentos en que o goberno está a adoptar medidas cunha repercusión severa para o futuro da sanidade  (Real Decreto Lei 16/2012) sería esixible, cando menos, a mínima competencia para explicar as consecuencias desta norma. Estas son as declaracións da ministra, e xa non é preciso ningun comentario:

“Buenas, buenas días, buenas tardes a todos. En primer lugar agradecerles… Vamos, hemos universalizado la sanidad para los españoles. Saben ustedes que la sanidad es universal y que estaba recogida en muchas leyes pero nunca se aplica hasta el final. Todos los españoles tienen derecho a asistencia sanitaria gratuita. Todos sin dejar uno. Lo primero que vamos a hacer es, eeehhh, incorporar al derecho español un artículo de una directiva que les diré que está incorporado al derecho español todo, eeeh… laaa… toda la directiva menos un artículo que justo es el artículo que prohíbe de forma explícita desplazarse en busca de atención sanitaria.
Luego hemos quitado también una cartera que llamamos cartera común suplementaria que la adjunto si me lo permiten con la cartera accesoria. Ahí estarían pues las prestaciones farmacéuticas, las terope.. tripe… teroperapéuticas, ehh… me he equivocado en la, en el nombre, y poner en valor lo que tiene mucho en valor, porque no hay cosa que tenga más valor que una medicina que cura enfermedades. Hemos adoptado una medida que ya estaba adoptada. Lo más importante que por primera vez los parados sin prestación parlamentaria, que… perdón sin presta sin… sin pre… presta sin prestación sin prestación por desempleo, perdón.
En definitiva, eeeh… lo que les decía. No es lo mismo una persona que no está enferma en su consumo de medicamentos que una persona que está enferma. Los pensionistas que es no pagan nada son aquellos que ya no tienen derecho a prestación por desempleo, es decir los que ya tienen los que tienen simplemente eeehh… los.. Ah perdón, pensionistas. Pensionistas son de los pe que tienen el… hablamos de renta no de pensiones. Pues yo ya me voy a callar”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.