As lavandeiras do Espiño

Elas, as lavandeiras, foron donas do vento, da auga, da lixivia, da cinza e mais do xabrón, do clareo e o sol; mais tamen tiñan como compañía o frío, a neboa, a humidade, as frieiras, a tuberculose e as gripes; e mesmo os ósos feitos cristal de tanta forza e peso... Mais, mesmo así, baixaban e subían o Val de deus, ledas, cantareiras, para recoller a roupa no hospital da Praza do Obradoiro; facían do suxo brancura; as augas do Sarela depuraban tanto lixo como carretaban nos cestos, nas bañeiras de cinc en equilibrio perfecto co molido na cabeza. Naquel lavadoiro modernista de madeira partillaban penas, ledicias, bagoas, rexoubas..., e aportaban un xornal, sempre miserento, para facer da vida un espazo menos cheo de sofrimento.

Velaí somentes unha parte da historia que ten a memoria do Parque de Galera, en Compostela, no seu herbal, nas suas augas, nas suas flores e árbores, ainda é posibel escoitar as cantigas das lavandeiras. Por iso ten que seguir sendo hoxe un ben de uso e titularidade públicos

Cecais tamen, como outras mulleres de Galiza, nos anos terribles do 1936, o clareo e o secado da roupa eran mensaxes de vida e esperanza para os presos do franquismo no cuartel de Santa Isabel, mortos de fame, comestos polos bechos, a tortura e a dor da democracia e a liberdade afogadas en sangue.

Velaí somentes unha parte da historia que ten a memoria do Parque de Galeras, en Compostela, no seu herbal, nas suas augas, nas suas flores e árbores, ainda é posibel escoitar as cantigas das lavandeiras. Por iso ten que seguir sendo hoxe un ben de uso e titularidade públicos. Para lecer da nenez, acobillo dos paxaros, disfrute das persoas que nel queiran andar, namorar ou soñar. E tamén, por toda esta memoria de vída que garda, a veciñanza loita e pelexa contra a sua privatizazón e destrucción... O que é patrimonio da humanidade debe preservar a sua calidade de público e a sua memoria de tantas vidas e soños.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.