A barbarie incesante

A Albert Camus, "in memoriam"


España redobra o seu compromiso co escudo antimisiles: O goberno negocia con EE.UU a incorporación de fragatas españolas de última xeración". Así, con estas verbas, e cunha foto en portada da fragata Álvaro de Bazán, saía o diario ABC aos kioskos e librerías do Estado. Foi moi recentemente, o 29 de Febreiro. Xusto por riba deste titular, en letra marela e en cursiva, a declaración de intencions deste compromiso estaba máis que clara: Retorno ao atlantismo.

Se se abre o xornal pola páxina 28, encontrase un co seguinte encabezamento : "España negocia a participación das fragatas F-100 no escudo antimisiles. O ton do artigo, todo hai que dicilo, é meramente informativo e non está adubiado de retórica triunfalista. De tódolos xeitos, o que chama a atención deste artigo, é o seguinte, que reza xusto por baixo do titular:

"De frutificar o acordo con EE.UU modificarase o software -ou sexa, o soporte lóxico do sistema informático- dos buques para tomar parte neste proxecto de seguridade da OTAN"

Dúas expresions chámanme a atención; a primeira, relativa á modificación do software dos buques. Un feito que me leva a concluir necesariamente que o que se pretende é unificar por completo o sistema de seguridade Euro-Norteamericano a través da unificación dos sistemas electrónicos que o activan. A outra expresión é a seguinte, o chamado proxecto de seguridade da OTAN. Proxecto que, se facemos un leve exercicio de memoria histórica, foi consultado en referéndum á sociedade civil española. Iso sí, con carácter estrictamente consultivo, non vinculante, non vaia a ser que os cidadans cometesen a imprudencia de votar todo o contrario ao que o PSOE, por aquel entón, e arrepentíndose do seu OTAN, de entrada, non, pregoou con fervente vehemencia a posteriori.

A vontade dos Estados Unidos por integrar a toda Europa no seu espazo de dominación xeo-estratéxica segue a ser manifesta

Despois de ler atenta e pausadamente o artigo, persoalmente, chego a un par de conclusions, a saber :

1-A vontade dos Estados Unidos por integrar a toda Europa no seu espazo de dominación xeo-estratéxica segue a ser manifesta. O pacto implícito no susodito proxecto de seguridade é moi claro : Nós, pola nosa banda, poñemos a electrónica, a tecnoloxía e o armamento e servímosvos en bandexa ao futuro inimigo ao que tiremos que temer no futuro -Irán ten agora tódolos boletos- e de quen tiriamos que defendervos. Vós, pola pola vosa banda, renunciades á vosa soberanía formal como estados e seguides aceptando as regras do xogo económico e financeiro, explícitas e implícitas, na mundialización do sistema liberal-democrático anglosaxón.

O sistema electrónico e tecnolóxico do espazo Euro-Norteamericano, así como a financiación público-privada necesaria para reproducilo, necesita, ao mesmo tempo, da converxencia e cooperación entre o ente estatal, o mercado e as universidades

2-O sistema electrónico e tecnolóxico do espazo Euro-Norteamericano, así como a financiación público-privada necesaria para reproducilo, necesita, ao mesmo tempo, da converxencia e cooperación entre o ente estatal, o mercado e as universidades. Ou, dito dun xeito sinxelo, O trinomio Economía-estado-universidade, á hora de manter e reproducir un proxecto de seguridade que, explícita e implícitamente, aspira a manter o control e reprimir violentamente todo tipo de disidencia anti-sistémica, quer na sociedade civil, quer dentro dos estados rebeldes ás regras de xogo impostas por EE.UU, é evidente.

Ao meu modo de ver este feito non quere dicir que haxa que fuxir das institucions para que a sociedade civil se empodere politicamente, nin que haza que caer nunha inxenua crítica romántica á ciencia e a tekné moderna, ou que, ao mesmo tempo, haxa que refuxiarse nesa outra romántica e neo-hippie estupidez que confunde a ciencia económica co economicismo. Creo, honestamente, que temos que comezar a mirarnos ao espello: estar fora das institucions non nos fa máis puros e castos, estar dentro das institucions non nos convirte, necesariamente, en demos, e querer comprender a situación-contexto social dende un honesto racionalismo crítico non implica, de ningún modo, ter que caer en abstraccions totalizadoras.

Querer comprender a situación-contexto social dende un honesto racionalismo crítico non implica, de ningún modo, ter que caer en abstraccions totalizadoras

As ciencias sociais, como as naturais, son un producto humano, demasiado humano, e poden -e de feito, son- ser susceptibles de ser utilizadas como instrumento de dominación. De aí, precisamente, a importancia de facer sempre o que nalguns artigos de Rebelion denominei como hermeneutica da sospeita. De aí, si, a tremendísima importancia da linguaxe.

Unha mostra da veracidade empírica, ou, se se quere, da ecuanimidade da miña primeira conclusión, é o feito de que os cinco destructores estadounidenses que se atopan na base naval de Rota, en Cádiz, o Arleigh Burke, o USS Ross, o USS Donald Cook, o USS Porter e o USS Carney, contan co sistema de combate AEGIS para seguimento de misiles balísticos: Exactamente o mesmo que empregan os destructores norteamericanos. Ademais, segundo fontes militares das que se serviu o autor do artigo, tan so é necesario unha mudanza no software dos buques para poder integralos no sistema de defensa anti-misil da OTAN. Ademais, en declaracions recentes, o secretario da US NAVY, RAY Mabus, recordou que as forzas navais de ámbolos dous países "comparten unha interoperabilidade considerable".

O iniciativa Smart Defence consiste en que os 28 países de la OTAN busquen fórmulas para compartir gastos e minimizar o impacto dos recortes orzamentarios en defensa

Para concluir, é necesario recordar en qué consiste a iniciativa Smart Defence, que non é outra cousa que o obxectivo de que os 28 países da OTAN busquen fórmulas para compartir gastos e minimizar o impacto dos recortes orzamentarios en defensa. Non deixa de ser dramático, todo hai que dicilo, que os Estados, os mercados e as universidades elaboren, conxuntamente, e cunha rapidez e capacidade organizativa abraiante, estratexias cooperativas para seguir reproducindo a chamada economía de guerra en tempos de paz, mesmo en momentos coma o actual, cando xa existe un consenso máis ou menos amplo sobre o carácter sistémico, estructural, das crises cíclicas do capitalismo.

Creo que esta expresión, que fai referencia á re-existencia permanente da chamada economía de guerra en tempos de paz -así como a evidencia empírica do carácter estructural, permanente, das crisis doo capitalismo- debería ser modificada pola seguinte expresión, que propoño a continuación e que, espero, nos faga reflexionar con máis precisión: Economía de guerra en tempos de crise perpetua.

Por moito que nos doa recoñecelo, creo que deberiamos aceptar :

1-Que a economía de guerra -así como a súa xustificación ético-moral baixo retórica legalista- é ao capitalismo, como modo de producción, o que o H2o é para a auga. Ou dito doutro modo: que a súa configuración socio-económica non pode persistir se non é a través da violencia legalmente xustificada pola formación socio-política e institucional que a acompaña: O estado moderno.

2-Que a crise civilizacional, o modus vivendi, por así dicilo, do capitalismo, foi, é e será algo consubstancial ao mesmo. A partícula elemental do asunto non é que as crises cheguen. A partícula elemental do asunto é que en crise, coa persistencia do modus vivendi que universaliza o capitalismo planetario, estivemos sempre.

Creo que sería ilustrativo consultar os documentos do Instituto Español de Estudos Estratéxicos, ligado ao Ministerio de Defensa, para familiarizarnos co tipo de linguaxe, imaxinarios e códigos que o conglomerado industrial-militar, en España, reproduce e transmite. No fondo, eu creo, é exactamente a mesma linguaxe e os mesmos códigos utilizados noutros contextos socio-culturais, aínda que se expresen nas linguas étnicas ou nas linguas nacionais, como queira chamárselles. Se este feito no nos convence de que o colonialismo -ou neo-colonialismo, ao gusto do consumidor-, como dominación que se fai patente en múltiples capas, -Económica, tecnolóxica, linguística, cultural, racial, de clase, de xénero, ideolóxica... etc- independentemente da intensidade e da forma na que se materializa en cada xeografía do planeta, é consubstancial ao capitalismo, e se este feito, tamén, tampouco nos convence de que esta dominación non é só externa ao suxeito, senon tamén interna, no plano cognitivo e afectivo, recoñezo que non sei nin quero aportar argumentos diferentes nin novos. A día de hoxe, estou firmamente convencido disto.

Como futura nova ameaza de occidente, Irán ten tódolos boletos para facerse en breve co papel do novo malo da película

Como futuro obxecto de desexo xeo-estratéxico, e polo tanto, como futura nova ameaza de occidente, Irán ten tódolos boletos para facerse en breve co papel do novo malo da película, sobre todo se persiste en non ceder e remarcar a súa soberanía nuclear. Dende aquí, dende o ecosistema mediático-político de occidente, resúltame imposible facer visibles as voces que, seguramente, na sociedade civil de Irán, opóñense non só ao programa nuclear da tecnocracia estatal do seu país, senon tamén á enerxía nuclear en sí mesma, cuxa producción non ven motivada pola demanda de consumo civil, senon pola vontade de dominación xeo-estratéxica, tanto nesa xeografía que denominamos abstracta e xeralmente coma occidente, coma no resto. E digo que me resulta imposible, sobre todo, polo meu total descoñecemento do árabe, outro termo abstracto e xeral para designar a un macro-sistema linguístico que integra a moitas outras variedades.

A vontade de dominación imperial de EE.UU sobre a UE, persiste, e a participación das nosas mal chamadas democracias modernas, ou, alomenos, de boa parte da súa élite de tecnócratas e políticos profesionais, é manifesta. A pregunta que, creo, colectivamente, e a fectos prácticos, deberiamos formularnos, é a seguinte:

Que capacidade de influencia ten a sociedade civil para frear esta brutal escalada sen fin de chantaxes mutuas entre estados

Que capacidade de influencia ten a sociedade civil para frear esta brutal escalada sen fin de chantaxes mutuas entre estados, coa tecnoloxía militar e a enerxía nuclear coma instrumento? Como poderemos enfrontarnos a esta espiral constante de producción de odio e terror mutuo?

Espero que o posible silencio ante estas preguntas sexa o principio dun debate necesario.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.