O referendo de independencia de Escocia será en 2014 e terá unha soa pregunta

Alex Salmond e David Cameron nunha xuntanza Dominio Público Praza Pública

Os gobernos do Reino Unido e de Escocia anuncian un acordo sobre o plebiscito, que terá lugar no outono de 2014, no 700 aniversario da batalla de Bannockburn, como quería o SNP, unha das máis famosas vitorias das tropas escocesas sobre as británicas. O SNP tamén conseguiu que poidan votar as persoas que teñan entre 16 e 18 anos, informa a BBC. Porén, isto foi xa rexeitado por representantes do Goberno británico e do Partido Conservador.

A cambio, David Cameron consegue que as opcións do referendo se reduzan a si ou non á secesión, descartando unha opción intermedia que concedería máís autonomía a Edimburgo, como defendía Escocia.

David Cameron consegue que as opcións do referendo se reduzan a si ou non á secesión, descartando unha opción intermedia que concedería máís autonomía a Edimburgo, como defendía Escocia

O acordo foi presentado nun comunicado conxunto do secretario de Estado para Escocia, Michael Moore, e a viceprimeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, que anunciaron que se conseguiu "un progreso substancial cara a un acordo definitivo" sobre o referendo. Os representantes de ambos os dous gobernos explicaron que nos próximos días continuarán as negociacións para ultimar os detalles e poder presentar un acordo definitivo aos primeiros ministros británico e escocés, David Cameron e Alex Salmond, antes da reunión que manterán o próximo luns en Edimburgo.

Este anuncio chega só un día despois de que o Congreso rexeitase a celebración dun referendo semellante en Catalunya cos votos en contra de PP, PSOE e UPyD e os votos a favor de CiU, Esquerda Plural, Amaiur, PNV e o Grupo Mixto.

Alex Salmond e David Cameron nunha xuntanza Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.