Condenan a GN-Fenosa por extralimitarse na corta de maleza en Paderne e Coirós

Imaxe da acción levada a cabo polos operarios de Gas Natural-Fenosa Dominio Público Praza Pública

En setembro de 2010 unha grupo de maderistas contratado por Gas Natural Fenosa comezou a traballar nos montes de O Ourovello (Paderne) e Coirós. O que en principio era unha actuación para limpar de maleza o terreo baixo o tendido eléctrico converteuse nunha "desfeita", segundo denuncian os e as veciñas. "Arrasaron con o que se lles puxo por diante igual que afán facer por todo o país. Non respectaron nin a anchura da servidume, nin os ríos, nin restos arqueolóxicos, nin a flora, nin a fauna.... Nin sequera ás persoas, a maioría anciáns, que recriminaron a os operarios o seu labor destrutivo", engaden.

Este grupo de veciños protestou, en instancias administrativas, políticas e xudiciais, polo que consideraban un abuso, e esixindo unha compensación económica polas perdas sufridas. Durante moito tempo as súas queixas non foron atendidas, nin nas institucións políticas nin na xustiza, e de feito un xulgado de Betanzos desestimou o pasado ano a súa demanda, obrigándoos ademais a pagar os custes do xuízo. Porén, tras unha apelación, a Audiencia Provincial de A Coruña vén de darlles a razón, sinalando que os operarios contratados pola empresa levaran a cabo nos seus terreos unha “corta unilateral de forma extralimitada e invadindo propiedade privada". O fallo obriga a Gas Natural Fenosa a pagar unha indemnización de algo máis de 64 mil euros en concepto de danos e prexuízos.

Imaxe da acción levada a cabo polos operarios de Gas Natural-Fenosa Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.