Cañamero: "A ilegalidade non é sacar carros do Carrefour, é non cumprir as promesas electorais"

Diego Cañomero © El Diario

Diego Cañamero, portavoz nacional do Sindicato Andaluz de Traballadores, defende a acción na que 200 persoas levaron este venres varios carros con material escolar dunha gran superficie de venda. Afirma que "non é un roubo, é unha expropiación; roubo é o que fai o señor Bárcenas". "Somos conscientes de que para que a sociedade reaccione hai que facer cousas fóra do habitual", afirma.

"Somos conscientes de que, para que a sociedade reaccione, hai que facer cousas que non están dentro do habitual, que saian do normal"

Por que elixen esta forma de protesta?

En Andalucía hai dous millóns de persoas por baixo do limiar da pobreza, e 36% de paro. E en España os datos non son mellores. Somos conscientes de que, para que a sociedade reaccione, hai que facer cousas que non están dentro do habitual, que saian do normal.

É un bo momento?

Vai empezar o curso e no sindicato e nas nosas vilas estamos a escoitar todos os días que non hai para nada, que o material dos nenos son 100 euros por familia e non o van poder pagar, que ademais se reduciu o subsidio agrario e a cousa empeora, sobe todo menos os salarios, non hai traballo por ningún lado. A protesta hai que seguir exercéndoa ante a inxustiza.

"Vai empezar o curso e no sindicato e nas nosas vilas estamos a escoitar todos os días que non hai para nada, que o material dos nenos son 100 euros por familia e non o van poder pagar"

Pero este modo de protesta xéralles algúns problemas como multas, fianzas, acusacións de ilegalidade...

A ilegalidade non é ir ao Carrefour e expropiar material escolar. A ilegalidade son outras cousas como non cumprir promesas electorais nin atender as necesidades do pobo. Interpretar o voto dos cidadáns como o están facendo é situarse na ilegalidade.

Chámao expropiación e non roubo...

Por suposto. Isto é unha expropiación. Roubo é o que fai o señor Bárcenas.

Algúns críticos acúsanos de que podería producirse un efecto chamada.

A sociedade non o vai a entender así. A xente sempre foi honrada e prudente. Saben que nós o facemos como protesta simbólica e de maneira organizada. Cinco ou dez carros con material non van solucionar nada. Pero se se chegase a ese punto, significaría que o asunto chegou a un punto insustentable. Non habería que botarlle a culpa ao cidadán senón ao gobernante.

"Cando a fame chama á porta dos traballadores e a situación económica está como está, non podemos estar co caso Bárcenas todos os días"

Perderon o foco os gobernantes?

Os gobernos perderon o norte, o sur e todo. Fan o contrario do que se lles vota. Cando a fame chama á porta dos traballadores e a situación económica está como está, non podemos estar co caso Bárcenas todos os días. Bárcenas, o Peñon e aquí non se toman medidas. Pero hai familias que están a vivir verdadeiros dramas.

A cidadanía non entende?

Haberaos que o entendan e os que non. Pero isto non é máis que un acto simbólico para xerar un debate na sociedade sobre o que está a pasar.

Que van facer co material?

Imos facer lotes e temos que decidir en que colexios os repartimos.

Diego Cañomero © El Diario

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.