A sustentabilidade, a debate

Cartaz da xornada © BNG

BNG, Fundación Galiza Sempre e a Alianza Libre Europea organizan este sábado en Compostela unha xornada sobre A defensa do territorio coa participación de numerosos expertos e representantes de colectivos sociais. Os debates desenvolveranse no Centro de Estudos Avanzados da USC situado no Parque de Vista Alegre, na rúa Salvadas.

O programa, que se desenvolverá ao longo de todo o día, organízase en tres eixos: terra, mar e xente. A eurodeputada Ana Miranda, Xesús Veiga (presidente da Fundación Galiza Sempre) e Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, abrirán a xornada, que se pechará coa proxección do filme Trashed, producido por Jeremy Irons, e que aborda o problema da xestión de residuos a nivel planetario.

As xornadas abordarán as alternativas ao modelo de incineración de Sogama en materia de xestión de residuos, e neste senso contarán coa participación do director do proxecto Zero Waste Europa, Joan Marc Simons, e do concelleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa, Iñaki Errazkin, como principais ponentes.

 

Programa

10.30-11.30: Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade
Modera: Ana Pontón, Deputada responsable de medio ambiente do BNG no Parlamento galego
Daniel López Vispo, Profesor. Membro de Adega.
Fins Eirexas, Responsable de enerxía e cambio climático de Adega.
Alfredo López. Membro de CEMMA (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños).

11.30-12.30: Desenvolvimento rural, política forestal, transxénicos
Modera: Tereixa Paz, Deputada do BNG, responsable de agricultura no Parlamento galego.
Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
Xurxo Álvarez, Presidente de Federación Rural Galega (FRUGA).
Miguel Méndez. Asociación Galega de Apicultura (AGA).

12.30-13.30: Problemática da minería en Galiza
Modera: Carme Adán, portavoz de Industria do BNG no Parlamento galego.
Anxo Calvo, director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza 2005-2009.
Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, experta en dereito medioambiental.
Pedro Alonso Iglesias, ecoloxista, biólogo, consultor medio ambiental.
Francisco García Trigo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.

15.00-16.30: Saneamento integral do litoral mariño e dos ríos, xestión e protección das costas e espazos fluviais.
Modera: Ana Miranda, eurodeputada do BNG
Luis Rodríguez, presidente Asoar-Armega de pesca artesanal e marisqueo.
Serxio Regueira, Presidente da Plataforma Saneamento Ria de Vigo.
Manuel Cao, Patrón Maior Confraría de A Coruña-Plataforma Saneamento da Ría do Burgo.
Joam Luis Ferreiro Caramés, Biólogo da Confraría de Barallobre.
Antón Masa. Plataforma Defensa Ría de Pontevedra.

16.00-17.30: Xestión de residuos: situación actual, Iniciativa Lexislativa Popular, alternativas á incineración e outras experiencias de fóra de Galiza.
Modera: Mar Vila, membro da Executiva nacional do BNG.
Manuel Soto Castiñeira, profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña.
Marta Domínguez, técnico de proceso do Complexo Medio ambiental de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
Joan Marc Simon, director executivo de Zero Waste Europa.
Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipuzcoa.

Cartaz da xornada © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.