O Tribunal Constitucional avala o uso de "manda carallo" nunha demanda xudicial

Xulgado Dominio Público Praza Pública

"La misiva se antoja artificial, insustancial y vacía de contenido, manda carallo. Si no se pone un toque de humor ni de ironía uno se colgaría en un arbusto ante el drama y la tragedia que supone todo despido". É un fragmento do escrito no que en marzo de 2011 o arquitecto Jorge Gómez Muguruza demendaba a unha empresa polo impago dunha serie de traballos que realizara para ela. 

O Xulgado do Social de Ourense non admitira a súa demanda por incluír "expresións coloquiais e impropias dun escrito xudicial"

O Xulgado do Social de Ourense non admitira a súa demanda por incluír "expresións coloquiais e impropias dun escrito xudicial" e pediulle que as retirara.  Porén, Gómez Muguruza respondeu que “o estilo e a redacción” do seu escrito estaban "dentro do exercicio lexítimo” dos dereitos á libertade de expresión, opinión e de defensa".

Agora o Tribunal Constitucional vén de amparar o uso da expresión “manda carallo” nas demandas laborais e na súa sentenza deixa claro que non hai lei ningunha que impida que se empregue. O TC engade que o xulgado ourensán violou "o dereito á tutela xudicial efectiva do arquitecto", impedindolle o aceso á xurisdición “sen artellar causa legal ningunha”. A sentenza do alto tribunal conclúe que os xuices incorreron nunha “arbitrariedade ao non admitir a demanda con bases que non teñen fundamento legal algún”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.