Dous días despois de ser detido, Miguel Quinteiro segue incomunicado

Miguel Quinteiro, arrastrado polos antidisturbios Dominio Público Praza Pública

As protestas do 25S finalizaron con 35 detidos. O Ministerio do Interior pretendía acusar os detidos de delitos contra altos órganos da nación, co que suporia o seu xulgamento a través da Audiencia Nacional. Así o ratificou o director xeral da Policía, Ignacio Cosidó. Porén, a Audiencia Nacional afirma que os delitos supostamente cometidos polos detidos non son da súa competencia. A ausencia de probas que incriminen os detidos nos citados delitos contra a nación propician que sexan finalmente conducidos a declarar aos Xulgados ordinarios de Praza Castela, a pesar de que fontes policiais insistían aínda este xoves en que a sede competente para o seu paso a disposición xudicial sería a Audiencia Nacional. En calquera caso, os 35 detidos continúan incomunicados.

El Diario entrevistou a Eric Sanz, avogado da comisión Legal do 15M que lles dá servizo á maioría dos detidos. Sanz denunca que a policía "vulnerou os dereítos dos detídos" pois "o límite máximo de 72 horas é só para cando hai dilixencias abertas". O avogado tamén afirma que o xuiz Pedraz "debe ter un cabreo tremendo co ministerio e delegación do Goberno, porque non só emitiron unha providencia senón que ademais apareceu nos medios de comunicación. Querían endosarlle un marrón e el resistiuse".

Un dos detidos foi o galego Miguel Quinteiro, activista de Coop57 (entidade da que é socio promotor), Attac, ou a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos. Quinteiro foi detido cando se atopaba con outras persoas realizando unha sentada. Durante toda está mañá estivo a declarar perante o xuíz, e se está a espera da resolución do mesmo sobre a súa situación. Está "tranquilo" pero "cabreado por non permitirlle a polícia acceder ás súas pertenzas". A súa familia confirmou este mediodía que Quinteiro continuaba incomunicado. En xuño entrevistámolo para Praza a respecto das accións que a Plataforma polo aforro público estaba levando a cabo para esixir unha investigación a fondo sobre a xestión das caixas de aforros.

A súa familia confirmou este mediodía que Quinteiro continuaba incomunicado

A Audiencia Nacional amosou esta mañá o seu malestar ante a actuación de Interior neste caso. Fontes xurídicas criticaron a imprecisión e falta de comunicación mantida polo Ministerio, que provocou un evidente atraso na notificación oficial remitida ao xulgado. As citadas fontes aseguran que o maxistrado Pedraz debería recibir o atestado con 24 horas de antelación á celebración do interrogatorio dos arrestados. No entanto, o titular do Xulgado Central de Instrución Número 1 non tiña esta mañá constancia ningunha do estado da investigación policial.

 

Protestas contra a detención de Quinteiro

AGE, Attac e otros colectivos esixen a súa liberación

A detención de Quinteiro está a espertas protestas entre distintos colectivos. Attac esixiu a súa "liberación inmediata" e salientou que o seu único delito foi "expresar libre e democraticamente a súa indignación ante o gran engano do Congreso dos Diputados e do Senado, nos que residen todas as soberanías, menos a única lexítima, a do pobo español". Tamén a Alternativa Galega de Esquerda manifestou a súa condena a esta detención. AGE denunciou o "desmesurado operativo policial" e a "actitude provocadora dos corpos policiais" que foron "a todas luces intolerables nunha mobilización exemplar que simplemente buscaba denunciar o verdadeiro secuestro que vive o Parlamento do Estado español". O detenido, destaca AGE, "nin é terrorista, nin membro dun grupo violento", senón "un cidadán exemplar, con anos de defensa de modelos de participación política plural". 

De igual xeito este mércores pola tarde celebrouse unha concentración en Vigo en solidariedade con Quinteiro e o resto dos detidos. Tamén se abriu unha conta bancaria para realizar achegas para axudar a pagar a multa que previsiblemente se lle imporá ao detido. 

Miguel Quinteiro, arrastrado polos antidisturbios Dominio Público Praza Pública
Miguel Quinteiro, segundo pola esquerda, nun acto do Foro Social Galego © Foro Social Galego

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.