#SOSFragasdoEume Concrétanse os horarios das concentracións cidadáns que se están a convocar para mañá, luns, ás 20:30. A Coruña: nos Cantóns; Vigo: no Sireno; Compostela: no Obradoiro; Pontevedra: na Ferrería; Lugo: diante do Concello; Ourense: diante do Concello. En Pontedeume será ás 20:00 diante do Voncello.
Fálase
#SOSFragasdoEume O científico Xurxo Mariño, que segue o incendio nas Fragas do Eume, alerta do inicio dun novo foco de lume
#FragasdoEume Convócanse concentracións nas principais cidades en resposta ao incendio nas Fragas do Eume
#FragasdoEume A Xunta distingue dous incendios nas Fragas do Eume, un de 750 hectáreas e outro de 100, segundo as súas estimacións.
#FragasdoEume A Xunta ofrece unha nova estimación de hectáreas queimadas no incendio, xa a eleva a 850.
Nace unha plataforma en defensa das fragas do Eume. En Radiofusión.
#FragasdoEume O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, visita tamén a zona do incendio. Na Radio Galega di que "fallou a prevención". "Con esta seca sen precedentes deberían estar despregados todos os efectivos", engade.
Os bombeiros forestais do Ministerio de Agricultura, con sede en Laza e que traballan no lume das #Fragasdoeume, anuncian a chegada de reforzos
#FragasdoEume A Xunta asegura que "o lume das Fragas do Eume está técnicamente controlado". "Agora dependemos do vento", engade o Goberno galego
#FragasdoEume O presidente da Xunta fala na Radio Galega de "dano criminal intencionado" no incendio. A mesma circunstancia, di, que provocou o falecemento dun brigadista en Castrelo do Val.