A Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia denuncia que a "falta de coordinación" no operativo do Alvia persiste un ano despois
Fálase
O Goberno dos EEUU prohíbelles ás súas liñas aéreas que voen a Israel. O número de palestinos mortos na ofensiva militar chega aos 638, un terzo nenos e nenas, por 29 israelís. El Periódico, un dos primeiros xornais impresos do Estado que denuncia na súa portada os masacres producidos por Tel-Aviv
O Congreso aproba o Canon AEDE na súa reforma da Lei de Propiedade Intelectual, que saíu adiante cos únicos votos a favor do Partido Popular
STOP Desafiuzamentos A Coruña alerta da posibilidade de que unha muller de 33 anos e a súa nai, que debe coidar as 24 horas do día, sexan expulsadas da súa vivenda de xeito inminente. O colectivo denuncia a inacción do departamento de Servizos Sociais do Concello, da Consellaría de Benestar Social e do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
O Concello de Lugo aproba un novo decreto de servizos mínimos para a folga de recollida de lixo, elevándoos do 50 ao 100% na limpeza viaria e na recollida de residuos sólidos urbanos e de todo o material reciclable, agás o vidro. Os traballadores de Urbaser, en frontal desacordo cuns mínimos considerados "abusivos", irromperon no pleno municipal, onde o alcalde López Orozco lles recriminou non ter aceptado a "oferta digna" presentada hai uns días pola empresa
A profesora Pilar Bermejo tomou posesión como decana da Facultade de Química da USC, converténdose na primeira muller que ocupa este cargo
A Marea Atlántica da Coruña preséntase ante os medios a poucas horas do seu primeiro acto público, que se celebrará ás sete desta tarde. Máis información, hoxe en Praza.
“Pensabamos que internet era gratis e estase pagando cos nosos datos”. El Diario entrevista José Luis de Vicente, comisario dunha exposición sobre a utilización do big data que se pode ver en Barcelona
Os e as pacientes da área sanitaria de Vigo agardan para operarse no Sergas 29 días máis que a media dos galegos e galegas
El Diario analiza os beneficios que obtén o PP da reforma electoral aprobada onte en Castela-A Mancha, e que de momento lle permitiría manter a maioría absoluta.