O Congreso aproba o Canon AEDE na súa reforma da Lei de Propiedade Intelectual, que saíu adiante cos únicos votos a favor do Partido Popular
Fálase
STOP Desafiuzamentos A Coruña alerta da posibilidade de que unha muller de 33 anos e a súa nai, que debe coidar as 24 horas do día, sexan expulsadas da súa vivenda de xeito inminente. O colectivo denuncia a inacción do departamento de Servizos Sociais do Concello, da Consellaría de Benestar Social e do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
O Concello de Lugo aproba un novo decreto de servizos mínimos para a folga de recollida de lixo, elevándoos do 50 ao 100% na limpeza viaria e na recollida de residuos sólidos urbanos e de todo o material reciclable, agás o vidro. Os traballadores de Urbaser, en frontal desacordo cuns mínimos considerados "abusivos", irromperon no pleno municipal, onde o alcalde López Orozco lles recriminou non ter aceptado a "oferta digna" presentada hai uns días pola empresa
A profesora Pilar Bermejo tomou posesión como decana da Facultade de Química da USC, converténdose na primeira muller que ocupa este cargo
A Marea Atlántica da Coruña preséntase ante os medios a poucas horas do seu primeiro acto público, que se celebrará ás sete desta tarde. Máis información, hoxe en Praza.
“Pensabamos que internet era gratis e estase pagando cos nosos datos”. El Diario entrevista José Luis de Vicente, comisario dunha exposición sobre a utilización do big data que se pode ver en Barcelona
Os e as pacientes da área sanitaria de Vigo agardan para operarse no Sergas 29 días máis que a media dos galegos e galegas
El Diario analiza os beneficios que obtén o PP da reforma electoral aprobada onte en Castela-A Mancha, e que de momento lle permitiría manter a maioría absoluta.
A Asociación puntoGAL anunciará este martes as solicitudes seleccionadas para participar no seu Programa de Pioneiros, que poderán publicar as súas webs baixo un enderezo .gal dende o 25 de xullo. Será nun acto ás 12 do mediodía no Museo do Pobo Galego
Galiza por Palestina convoca manifestacións en denuncia das matanzas provocadas polo exército israelí en Gaza. En Vigo (hoxe, 20 horas, Vía Norte), Ourense (hoxe, 20.20 horas, Praza do Ferro) e Compostela (mañá martes, 19.30 horas, Praza do Toural)