Preparan unha homenaxe a Domingos Merino, primeiro alcalde nacionalista da Coruña, elixido nas listas de Unidade Galega en 1979, hai 35 anos.
Fálase
Sada levará outra vez ao pleno municipal unha moción para esixir que se declare BIC o edificio modernista de A Terraza, unha protección que está pendente dende 1975.
O boxeador Furacán Carter morre aos 76 anos de idade. Pasou 19 anos na cadea por un asasinato que non cometera. Dylan dedicoulle a canción Hurricane
Na Segunda B, derrotas do Rácing de Ferrol ante o Oviedo (0-1) e do Ourense en Zamora (2-1). Vitoria do Compostela ante o Burgos (3-0) e empate do Coruxo en Guijuelo (1-1). O Rácing é terceiro a falta de tres xornadas para o remate da competición regular.
Remata a xornada na Terceira galega. Somozas, Pontevedra, Boiro e Cerceda encabezan a clasificación a falta de tres xornadaspara rematar a liga.
Barbadás 3-2 Boiro
Deportivo B 0-2 Somozas
Alondras 4-1 Choco
Laracha 3-1 Cultural Areas
Betanzos 0-1 Racing Vilalbés
Cerceda 2-1 Negreira
As Pontes 3-0 Grixoa
Rápido de Bouzas 2-1 Dorneda
Pontevedra 2-1 Ordes
Bertamiráns 2-2 ArousaO alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez Barcia, difunde un vídeo en youtube no que chama a atención sobre as aglomeracións que se formaron nos últimos días na praia das Catedrais, e reclama que Xunta e Goberno central adopten medidas para que este atractivo turístico "non morra de éxito". Pide que se declare o "Parque natural das Catedrais" para preservar o entorno e o areal.
Indignación do goberno de Rusia polo ataque contra un posto de control prorruso en Slaviansk, no leste de Ucraína, que provocou tres mortos. Rusia condena "a falta de desexo por parte das autoridades en Kiev de desarmar os extremistas".
Este luns comeza en Pontevedra a XXXI edición da Semana de Filosofía, que este ano está dedicada á Revolución. Santiago Alba Rico abrirá as xornadas a partir das 10.30 horas e Terry Eagleton ofrecerá unha conferencia ás 20 horas. Este luns tamén intervirán Alba Nogueira e as asociacións contra a lei do aborto lerán un manifesto.
Na Segunda División, o triunfo do Dépor en Mallorca (0-3), con goles de Sissoko, Luisinho e Borja Bastón, achega os coruñeses ao ascenso. Contan con 9 puntos de vantaxe sobre Las Palmas, terceiro. O Lugo, que onte derrotou 3-0 a Ponferradina, está a dous puntos do play-off de ascenso.
Gran vitoria do Celta en Almería (2-4), con goles de Nolito (2), Charles e Orellana. Os celestes, con oito puntos de diferenza sobre os postos de descenso, practicamente aseguran a permanencia.