O alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez Barcia, difunde un vídeo en youtube no que chama a atención sobre as aglomeracións que se formaron nos últimos días na praia das Catedrais, e reclama que Xunta e Goberno central adopten medidas para que este atractivo turístico "non morra de éxito". Pide que se declare o "Parque natural das Catedrais" para preservar o entorno e o areal.
Fálase
Indignación do goberno de Rusia polo ataque contra un posto de control prorruso en Slaviansk, no leste de Ucraína, que provocou tres mortos. Rusia condena "a falta de desexo por parte das autoridades en Kiev de desarmar os extremistas".
Este luns comeza en Pontevedra a XXXI edición da Semana de Filosofía, que este ano está dedicada á Revolución. Santiago Alba Rico abrirá as xornadas a partir das 10.30 horas e Terry Eagleton ofrecerá unha conferencia ás 20 horas. Este luns tamén intervirán Alba Nogueira e as asociacións contra a lei do aborto lerán un manifesto.
Na Segunda División, o triunfo do Dépor en Mallorca (0-3), con goles de Sissoko, Luisinho e Borja Bastón, achega os coruñeses ao ascenso. Contan con 9 puntos de vantaxe sobre Las Palmas, terceiro. O Lugo, que onte derrotou 3-0 a Ponferradina, está a dous puntos do play-off de ascenso.
Gran vitoria do Celta en Almería (2-4), con goles de Nolito (2), Charles e Orellana. Os celestes, con oito puntos de diferenza sobre os postos de descenso, practicamente aseguran a permanencia.
Unha manifestación reclamou este sábado en Verín un uso cultural e público para o Castelo de Monterrei, rexeitando os plans do Goberno galego de convertelo nun hotel de luxo. "Queremos que se lle dea un uso racional e xusto aos cartos públicos", dicía o manifesto lido ao remate da marcha.
180 pemes forestais galegas inician este luns unha folga pola caída do prezo do eucalipto. Acusan as tres grandes papeleiras -Ence, Celvi e Portucel- de unirse para rebaixar os prezos nun 10%. Aseguran que están en risco 2.100 postos de traballo.
O PP gañaría as eleccións europeas do 25 de maio con 20-21 deputados, segundo unha enquisa que hoxe publica El Mundo. O PSOE obtería 18-19, a Esquerda Plural 6, UPyD 4, CEU 2, ERC 2 e Ciudadanos 1. PP e PSOE perderían 17 puntos, pero manteríanse por riba do 60% dos votos.
O Congreso desestima unha proposta para ofrecerlles apoio aos xogadores de fútbol homosexuais. O colectivo LGTB denuncia a homofobia nos clubes e entre os afeccionados
O Ministerio do Interior xustifica a carga policial contra a manifestación anti Lomce de Vigo do pasado 20 de novembro en que os axentes recibiron "empurróns" e "provocacións" dalgúns dos estudantes.