Os bibliotecarios critican o Plan Estratéxico da Cidade da Cultura. ANABAD-Galicia, que agrupa os e as profesionais de bibliotecas, arquivos e museos, denuncia a unión da Biblioteca de Galicia e do Arquivo de Galicia nun só edificio "porque supón unha considerable perda de identidade e de visibilidade de ambas as dúas institucións"
Fálase
O sector do libro duplicará este ano as súas perdas, segundo un estudo da Federación de Gremios de Editores de España. O sector editorial español facturou 2.772 millóns de euros en 2011, un 4,1 por cento menos que en 2010, e para o 2012 calcúlase que a caída pode chegar ao dez por cento.
O vigués Diego Mariño, porteiro do Vila-Real, convocado pola selección española de fútbol para os Xogos Olímpicos.
O Festigal presenta a programación para a súa edición de 2012 cun impactante cartaz.
Laura Mintegi será a candidata de Euskal Herria Bildu á lehendakaritza nas vindeiras eleccións vascas. En Naiz.
Os fogares españois gastaron máis do que aforraron por primeira vez dende o ano 2000, segundo datos do INE relativos ao primeiro trimestre do ano. En termos interanuais a taxa de aforro descende até o 10,8% da renda disponible das familias
Luis de Guindos promete que a axuda europea chegará "de forma moi rápida, en semanas" ás entidades en mans do Estado, como Novagalicia Banco, Bankia, CatalunyaCaixa ou o Banco de Valencia
O PP volve votar en contra de que se inclúa na orde do día do pleno do Parlamento a comisión de investigación sobre as caixas. A votación produciuse a iniciativa do PSdeG ao inicio da sesión extraordinaria que se celebra esta mañá na Cámara. Feijóo asegurou que a comisión se constituiría en xullo.
O paro baixa en xuño en 98.853 persoas no conxunto do Estado, un bo dato que deixa a cifra total de rexistrados nas oficinas de emprego en 4.615.269. É o mellor dato en xuño dende 1996. En Galicia, o paro descende en 7.405 persoas, até un total de 269.203 desempregados.