Un lugar para 'arrincar'

O Arrinca 2014 celebrarase no espazo de coworking Doutroxeito, en Compostela © Doutroxeito coworking

O 9 e 10 de maio celebrarase en Santiago o evento Arrinca 2014, que busca "axudar a xente cunha idea de negocio para que poida desenvolvela e facela realidade". "Se tes unha idea e queres asesorarte, contrastala e buscar outras persoas, Arrinca pode ser de interese para ti", destacan na súa presentación. O obxectivo é reunir persoas con distintos perfís profesionais ou aptitudes persoais para colaborar, desinteresadamente, sobre os proxectos participantes nos distintos eventos. 

Está dirixido tanto a persoas cun proxecto empresarial que necesita ser contrastado ou mellorado, como a Pemes que xa están en funcionamento pero que buscan axuda para optimizar ou modernizar o seu modelo de negocio. Tamén se busca a participación de todo tipo de persoas que poidan achegar o seu coñecemento, que poden achegar a súa opinión aos proxectos participantes, gozar dunha experiencia enriquecedora e gratificante, á vez que fan contactos e establecen colaboracións futuras.

Está dirixido tanto a persoas cun proxecto empresarial que necesita ser contrastado ou mellorado, como a Pemes que xa están en funcionamento pero que buscan axuda para optimizar ou modernizar o seu modelo de negocio

O espazo de coworking Doutroxeito, situado na Praza de Galicia (Hórreo 22, 3ª), acollerá o evento, que sucederá ao realizado o pasado ano en Narón. Daquela participaron sete proxectos: Ecoflexo, un proxecto de construción prefabricada para o deseño de espazos; Respirando, un proxecto socio educativo que pretende achegar aos nenos e nenas unha aprendizaxe respiratoria baseada no ioga dun xeito lúdico e educativo; Ceo Formación, unha plataforma de teleformación; Empresa Forestal, centrado na mellora da xestión dos montes e a comercialización da madeira; Acuaponía, un proxecto que bsca a autosuficiencia enerxética por medio das enerxías renovables e o código aberto; A Casa da Avoa, un proxecto de atención integral de menores -con e sen diversidade funcional- e as súa familias; e o propio Doutroxeito Coworking.

En Compostela, polo de agora, xa está confirmada a participación de O Creatorio, unha plataforma que busca servir de punto de encontro na rede entre os creadores galegos e o seu público e clientes, e entre os creadores entre si, e da que xa falamos en Praza hai uns mesesMerillotes, un espazo para a acción e transformación social utilizando linguaxes artísticas, coma a fotografía e o collage; e Voy Contigo, un proxecto de servizo e asistencia persoal sobre todo dirixido a persoas maiores que viven soas ou traballadoras con falta de tempo.

Imaxe do 'Arrinca 2013', celebrado en Narón Dominio Público Arrinca
O Arrinca 2014 celebrarase no espazo de coworking Doutroxeito, en Compostela © Doutroxeito coworking

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.