Unha ducia de anuncios de antes
Máis sincera, máis requintada... A publicidade de hai décadas sérvenos para nos mergullas nas maneiras de vivir doutra época, cando as creatividades non ocultaban que a súa finalidade non era outra que vender. Velaquí van algúns recortes.
-
01
Toponimia con FENOSA
Na Hoja del Lunes de La Coruña a daquela galega FENOSA facía algo tan galego como deturpar a toponimia. No mesmo recorte, un exemplo de interactividade comercial antes dos tempos do Facebook.
-
02
Cando no porto coruñés o moderno era o interior
Moitos anos antes de que Paco Vázquez soñase cun porto exterior, a comezos dos 80, a autoridade portuaria coruñesa promocionaba así as novas instalacións do seu peirao.
-
03
O negocio da emigración
Antes de que as autoridades gobernamentais inventasen conceptos como o da "mobilidade exterior" ou se referisen ao espírito aventureiro da mocidade xa había quen tiña un florecente negocio grazas á emigración galega, como amosa este anuncio publicado no diario El Orzán a comezos dos anos 30.
-
04
Peiteado na rúa da liberdade
Este establecemento lucense pretendía non deixar ningunha dúbida sobre os seus servizos e por iso o explicaba todo no seu anuncio en El Progreso. Mesmo daba conta do novo nome da rúa, chegado coa II República.
-
05
Anís e automóbiles
A coruñesa Hoja del Lunes publicaba a finais dos 70 un anuncio impensable na actualidade, combinando o anís Castellana cos automóbiles SEAT.
-
06
Eterna semana cárnica
Esta imaxe de orixe ignota amosa a vocación de permanencia deste evento gastronómico lucense.
-
07
Ao abeiro do Estatuto
A aprobación do Estatuto de 1936 fíxolle pensar a esta academia que sería un bo momento para formar o profesorado en lingua galega. Non consta que Galicia Bilingüe comentase nada ao respecto.
-
08
Ollo co viño
Nesta taberna conservan unha advertencia decimonónica sobre os perigos da inxesta alcohólica. "O da mortalidade aínda non nos pasou", comentaba un dos parroquianos.
-
09
Cando a Xunta animaba a ler
Mesmo consideraba "intelixente" botarlle un ollo aos xornais.
-
10
Móbiles modernos
Móbiles de tamaño dun ladrillo cuxa batería podía ser reemprazada por seis pilas alcalinas. A modernidade custaba menos de 70.000 pesetas en 1993.
-
11
Clásicos que nunca morren
Nunha publicación pioneira da prensa gratuíta galega a TVG, co seu 'popular' logotipo, daba conta de que na primeira metade dos 90 xa existía o Luar.
-
12
Novagalicia... que?
Exemplo da fugacidade das marcas e da relatividade do concepto "antes". Tamén de composición visual na prensa.