Queres ser produtor do segundo disco de Galician Bizarre?

Fluzo paraticipa nesta segunda edición do Galician Bizarre © Fluzo

O segundo compilatorio de bandas galegas bizarras financiarase a través de crowdfunding. O obxectivo é reunir 2500 euros antes do 14 de maio para facer unha edición de 525 copias en vinilo do Galician Bizarre II. Unha segunda edición que conta coa participación de 18 bandas: Alarido Mongólico (A Coruña / Ferrol), Carrero Bianco (Ferrol), Christ Divides (Vigo), Fantasmage (Vigo), Fluzo (Compostela), Lobishome (Montalvo), Los Televisores (Poio / Chantada), Los Thyssen (O Grobe), Mano De Obra (A Coruña), Mullet (Lugo), Pastillas Mamut (Lugo), QVEK (Louro / Londres), Sr. Anido (Milladoiro), Terbutalina (Ventín / Esteiro / Muíño do Vento), Tetra & Freek (Compostela), Tora Tora Tora! (Pontevedra), Trajano! (Dodro / Madrid) e Wild Balbina (Vigo).  

Unha achega de 10 euros dá dereito a un disco e unha de 350 a vinte copias e un concerto privado de Rafa Anido

Pódense facer achegas de 10, 14, 24, 55, 80, 90 e 350. Unha achega de 10 euros dá dereito a un disco e unha de 350 a vinte copias e un concerto privado de Rafa Anido.

Se non se venden cando menos 250 copias o proxecto non irá adiante

En realidade, non se trata doutra cousa dunha venda anticipada do disco, que permite ver a súa demanda real e a súa viabilidade (se non se venden cando menos 250 copias o proxecto non irá adiante). Os promotores advirten de que non se venderán máis discos que os anticipados, "polo que se queres adquirir unha copia só poderás facelo de xeito anticipado". Porén, esta iniciativa vai un paso máis aló da simple venda dos discos, xa que converte os oíntes, os fans, en produtores reais do disco, a cultura construída dende a base.

Capa do segundo compilatorio de Galician Bizarre © Galician Bizarre

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.