Tres proxectos culturais medrarán ao abeiro de Música en Branco

Actuación nun bus no programa itinerante 'Barriografías' CC-BY-SA Música en Branco

Hortas de ladrillo e casas de perexilFeira ArtesáAgra do Orzán, o barrio dos músicos. Son os tres proxectos que se van desenvolver ao abeiro da acción cultural Música en Branco, a iniciativa de investigación, difusión e posta en valor da memoria sonora e musical deste barrio da Coruña. Despois de realizar unha primeira recolleita de información e contacto coa veciñanza Música en Branco seleccionou agora tres dos dezaseis proxectos presentados por artistas, colectivos, asociacións e empresas para desenvolvelos á volta do verán.

Pista Catro Produtora de Soños e Mónica de Nut son quen están por tras de Hortas de ladrillo e casas de perexil, a acción sustentada no canto lírico que procurará "producir diálogos arraianos", "promocionando a mestura e a diversidade que se produce normalmente nos marcos fronteirizos: zona verdezona urbanizada,  espazo íntimo-espazo público, o previsible e o inesperado ou diversidade fronte homoxeneidade". Dende mediados de setembro e ata o remate de outubro esta iniciativa organizará actividades denominadas "intersticios de demanda", isto é, "fendas que este proxecto pretende encher coas demandas socaiis que se viven no barrio. Por exemplo, ocuparán unha praza de aparcadoiro de zona ORA, pagarán o seu importe e "ofreceranlles aos viandantes a  posibilidade de cortar as puntas do cabelo ou a barba a cambio de escoitar durante o proceso fragmentos de arias"

 

Os proxectos seleccionados inclúen unha feira, un documental e intervencións na rúa, entre outras iniciativas

A segunda proposta , Feira Artesá, está impulsada por TANKollectif e Niquelarte. A súa aposta é "elaborar un diagnóstico participativo do estado emocional e sensitivo do patrimonio comercial" da Agra do Orzán para, despois, intervir "na súa posta en valor e activación do comercio de proximidade". Así, crearán unha cartografía sonora e un atlas do comercio do barrio e tentarán transformar o espazo urbano. "Para acadar estas metas -explican dende Música en Branco- trazarase un itinerario que aglutine unha boa mostra de talleres e pequenos comercios,  puntos significativos do patrimonio identitario da Agra do Orzán. Participarán mais ou menos a partes iguais comercios e artesáns 'locais". Ao remate celebrarase a feira propiamente dita.

Por último, a cidadanía terá a oportunidade de participar de Agrad o Orzán, o barrio do smúsicos. Tres Laboratorio de Ideas e Comunicación propón "dar a coñecer o papel que tivo historicamente e segue a ter" o barrio "no desenvolvemento da música en Galicia e, máis concretamente, na Coruña". Locais de ensaio e estudos de gravación viron nacer a grupos como Milladoiro, Os Diplomáticos de Monte Alto ou Papaqueixos son algúns dos nomes vunculados ao barrio e que agora figurarán nun documentar "para buscar as orixes destes locais e estudos, realizando así un percorrido pola historia musical da cidade.  A peza audiovisual combinará entrevistas con fondos musicais e imaxes de arquivo dos ensaios e as actuacións daqueles grupos, e tamén amosará o presente destes locais. O resultado final coñecerase nun acto público no que se proxectará a fita, cuxo proceso de realización se estenderá ao longo de dous meses.

 

Actuación nun bus no programa itinerante 'Barriografías' CC-BY-SA Música en Branco

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.