Ruxe Ruxe, Zënzar, Kambotes, Tiro na Testa e Skarmento polo pobo saharauí

Cartaz do concerto © Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Durante o mes de abril, Solidaridade Galega co Pobo Saharaui vén realizando en Silleda un Mes Cultural de Axuda o Pobo Saharaui. Dada a difícil situación que hoxe vive a cooperación, como todo, estanse a realizar diferentes actividades en todo o territorio galego co fin de financiar diferentes proxectos  como o programa Vacacións en Paz, onde nenos e nenas saharauis, que viven nos campamentos de refuxiados de Tindouf, veñen a pasar os meses de verán con familias galegas, ademais da axuda humanitaria que se lles proporciona aos campamentos de refuxiados. Esta situación xa se prolonga no tempo 38 anos, producida pola ocupación de Marrocos do Sáhara Occidental donde a poboación saharaui vive entre os campamentos de refuxiados e os territorios ocupados.

Por iso, para poñer voz a esta situación e para poñer o peche ao Mes Cultural de Axuda o Pobo Saharaui, o día 27 ás 22.00 actuarán na sala Dilema 95 (Silleda) os grupos Ruxe Ruxe, Zënzar, Kambotes, Tiro na Testa e Skarmento. As reservas de entradas anticipadas -8 euros- pódense facer no mail concertoporunsaharalibre@gmail.com e tamén se poden mercar en Silleda (Salón do té, A lareira de Cuiña, Serinter, Bar Mistic, Pub Moe´s, Cafetería MariPepa), Bandeira (Bar Arume), Lalin (Café Cantigas, O Café de Mili, O Circo do Mundo, Rodeiro Pub Quirós) e Vila de Cruces (Cafetería Galicia, Bar Coyote).

Cartaz do concerto © Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.