Mondoñedo homenaxea a Leiras Pulpeiro

Leiras Pulpeiro Dominio Público Praza Pública

O médico, escritor e filántropo mindoniense don Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912) está de aniversario e Mondoñedo réndelle homenaxe esta fin de semana. Desde o pasado venres, cando se cumpriu o centenario do seu pasamento, celébranse as Xornadas arredor de Leiras Pulpeiro organizadas polo Concello lucense e a Deputación Provincial de Lugo ata o vindeiro domingo.

Lembrarase así a vida e obra do insigne escritor mindoniense a través de analistas e estudosos como como Xesús Alonso Montero, Xusto Beramendi González, Francisco Fernández Rei, Xe Freyre, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán García, María Camiño Noia Campos, Antón Reigosa, Ramón Reimunde, Dolores Sánchez Palomino ou Anxo Tarrío.

Durante as xornadas preséntanse novas edicións da obra do autor, que levaban preto de vinte anos fóra do mercado, o que dá idea da oportunidade da súa reedición. Do mesmo xeito, tal e como recorda Armando Requeixo no seu blog, farase entrega do I Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, certame que ten rexistrado unha moi alta participación que alcanzou o medio cento de orixinais.

Para este domingo está prevista unha mesa redonda titulada O contar e o cantar do pobo: etnografía e literatura popular, na que intervirán Xosé Manuel González Reboredo, María Camiño Noia e Antón Reigosa. Cara ao mediodía descubrirase unha placa conmemorativa na súa casa natal de Mondoñedo.

Leiras Pulpeiro Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.