O Galician Bizarre invade Madrid... e non fará prisioneiros

Cartaz da romaría Dominio Público Praza Pública

Xa é oficial: O Galician Bizarre pasa á ofensiva. Esta fin de semana atravesará o telón de grelos, en dirección á meseta e á capital do imperio pequeno para demostrar do que é capaz. Oito bandas galegas, oito, actuarán este venres e sábado en Madrid na Romaría Galician Bizarre, que se celebrará na Sala Rock Palace (Vara del Rey, 6), con entradas a 6 euros (un día) e 10 euros (os dous días).

Os madrileños (e tamén o numeroso exilio galego na capital do Estado) poderá escoitar catro bandas cada día: Monstruo, Metralletas Lecheras, Lobishome e Terbutalina o venres. E Los Televisores, Lee Van Cleef, Alarido Mongólico e Mano de Obra o sábado. 

Ademais, como non podía ser doutro xeito tratándose dunha romaría, haberá comida de confraternización de voluntarios do rock galego, á que o público pode asistir canda ás bandas participantes. Será o sábado e haberá churrasco, empanada e viño. Todo isto non fai máis que confirmar aquela definición do Galician Bizarre: "unha taberna na que entras, tomas algo, vaste e se queres deixas unha propina".

 

 

Cartaz da romaría Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.