Cinco alternativas de código aberto a Dropbox

Na computación na nube cómpre ter en conta a seguridade CC-BY-SA Diario Turing

O almacenamento de información na nube con plataformas como Dropbox, Google Drive ou iCloud é, ante todo, cómodo e eficiente. Un pode instalar esas ferramentas e en instantes comezar a usalas para a colaboración en rede. No entanto, cando a seguridade da nosa información é crítica, non podemos depositar toda a nosa confianza en plataformas sobre as que non temos control, ou que polo feito ser software privativo descoñecemos se o seu funcionamento interno é verdadeiramente ético. A dicir do anterior, preparamos unha lista con cinco alternativas de código aberto a Dropbox e servizos similares, todas dispoñibles para Linux, Windows e OS X. Todas estas alternativas regresan o control á persoa ou organización sobre a súa información.

1. Duplicati

Duplicati funciona como unha ferramenta para o apoio e aseguramento de arquivos. Por unha banda pode conectarse con sistemas de almacenamento na nube como Amazon S3, Windows Skydrive, Google Drive, Rackspace, mesmo con servidores persoais con acceso a SSH e FTP. Polo outro, cifra cada arquivo con algoritmos criptográficos estándar. Estes procesos poden calendarizarse con relativa facilidade. Recomendado para cando a seguridade é a prioridade máxima. 

2. iFolder

iFolder permite crear unha contorna de arquivos compartidos similar a Dropbox. O software intégrase naturalmente ao sistema operativo porque unha vez instalado aparece como un directorio máis que sincroniza os cambios de forma automática co servidor. Tamén é un bo sistema de apoio de información.

3. ownCloud

ownCloud é unha solución comercial que basea a súa estratexia  proclamándose como alternativa segura a Dropbox. ownCloud prové unha capa segura pola cal son transmitidos os datos da organización, xa sexa desde un servidor propio ou mesmo sobre o mesmo Dropbox. Tamén funciona con dispositivos móbiles.

4. Seafile

Seafile permite construír unha nube privada para compartir arquivos e colaborar en rede. Unha vez instalado no servidor, Seafile funciona de maneira similar a Dropbox, con clientes que se sincronizan de forma transparente.

5. SparkleShare

SparkleShare crea un directorio no teu equipo ao cal asocias un ou máis directorios situados nun ou máis equipos na rede (probablemente o servidor da oficina, a universidade ou que permita o acceso remoto). Estes directorios actualízanse automaticamente cada vez que alguén edita, elimina ou agrega un arquivo. SparkleShare ten a opción de cifrar os arquivos automaticamente. Funciona en Windows, Linux e OS X

Na computación na nube cómpre ter en conta a seguridade CC-BY-SA Diario Turing

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.