0 Gardados para despois
CC BY-NC-SA TingaLaranga AudioVisual

"A xente estase manifestando pola comida e polo idioma"

A manifestación a prol da lingua sumou un chanzo máis no ciclo de mobilizacións contra a xestión dos gobernos de Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, iniciadas coas protestas polas tesoiradas na sanidade e no ensino e contra a reforma laboral, que tiveron a súa máxima expresión na folga xeral do 29M. Unhas mobilizacións que a uns meses da celebración das eleccións autonómicas alimentan a posibilidade de que haxa un cambio político en Galicia. 

Manu Chao revoluciona Bemposta por segunda vez

O Reperkusión pechou este sábado tres días de concertos e moito máis: malabares, trapecio, clown, mercadiño, acampada... O Circo dos Muchachos tomou vida comandado por un Manu Chao que ofreceu dúas actuacións, con repertorios distintos e de máis de tres horas de duracións en cada caso. Galería con imaxes de Brais Seara no interior.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    O movemento 15M incrementa o seu apoio despois das mobilizacións da pasada semana. Segundo unha enquisa que publica El País, o 68% dos cidadáns teñen unha opinión positiva do movemento, 17 puntos máis que hai dez días e ao mesmo nivel que en xuño do pasado ano. O 82% dos votantes do PSOE valórano positivamente, por un 42% dos do PP.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Paul Krugman cre que a saída de Grecia do euro é "inevitable" nunha entrevista que publica Der Spiegel na súa edición de fin de semana. Así mesmo, afirma que para salvar a España e Italia é precisa unha "intervención ilimitada" do BCE.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Comeza en Padrón (baixo teito) o acto de entrega a Nova Escola Galega do Pedrón de Ouro. Fina Casalderrey intervén como mantedora (imaxe via @bretemas)

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, comparecerá no pleno do Parlamento desta semana para explicar o plan de reequilibrio de Galicia, que prevé un recorte de 69 millóns de euros para cumprir o obxectivo do 1,5% do déficit este ano

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    A clara vitoria do Celta deste sábado fronte ao Alcoyano achega o obxectivo do ascenso directo, a tres xornadas do final da Liga. Ás oito da tarde o Deportivo viaxa a Xerez e ás nove e media o Valladolid recibe o Sabadell

  • Miguel PardoPor Miguel Pardo,

    Deportes. En fútbol sala, o Lobelle perdeu na casa por 3 a 4 ante o Caja Segovia e, para non caer eliminado nesta fase de cuartos de final, necesita gañar os dous próximos partidos na cancha do seu rival. En balonmán, o Octavio garantiu a permanencia na Liga ASOBAL mesmo antes de xogar o seu partido contra oAnaitasuna, grazas ao empate entre os dous últimos colocados, Antequera e Puerto Sagunto, que serán os equipos que perdan a categoría.

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Juan Freire reflexiona sobre a posibilidade de "reconstruír Europa dende as periferias", como Islandia e España, a través da actividade "dunha nova cidadanía" que supere as vellas estruturas".

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    A portada de ABC de hoxe quéixase da cobertura que os medios británicos e norteamericanos lle dan á crise económica en España

  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,
  • Marcos Pérez PenaPor Marcos Pérez Pena,

    Milleiros de mexicanos maniféstanse contra o candidato do PRI á presidencia, Enrique Peña Nieto, e a manipulación mediática ao seu favor.

Máis

Xa estamos na fin de semana

Para ler con calma

Berto Yáñez

Unha ducia de números do un ao doce

Nin vogal nin consoante. Eu pido cifra. Na semana das letras repasamos nesta ducia doce números que son doce datos sobre a Galicia de hoxe, onte e sempre. Estou seguro de que poderían ser outros, mellores ou peores, pero son estes. Esta ducia non sería posíbel sen a colaboración do pozo sen fondo de datos anecdóticos que é @mourullo

E agora que?

O obxectivo de Praza Pública é enriquecer o panorama dos medios galegos. Durante estas primeiras semanas iremos facendo moitos cambios, corrixíndonos e mellorándonos. Pero tamén necesitamos da túa axuda.

E con que carto?

Praza Pública está impulsada pola Fundación Praza Pública e pola participación de diversas persoas independentes. Podes colaborar con achegas económicas, que che darán dereitos políticos, económicos e sociais na Fundación.

Por Paypal

A través de Paypal poderás facer a túa doazón directamente e de xeito seguro.

Polo método tradicional

Neste pdf explícaseche todo o que tes que facer para ingresar a túa doazón.

Folla de transferencia (pdf)

Máis artigos de opinión

Obradoiro